Por cuarto ano, o Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), a través da participación cidadá, e co motivo de manter o espírito do Nadal, de crear un ambiente festivo, de contar coa participación da cidadanía e, así, se favorecer as compras en todo o termo municipal presenta o Concurso de Decoración do Nadal dirixido a todos os negocios, comunidades de montes, asociacións e familias que forman o noso Municipio.
O obxectivo e intentar que os lugares do noso Concello se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos, cos seguintes fines:
-
- Dinamizar a participación activa dos-as cidadáns do Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
- Colaborar e infundir un ambiente de Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación.
- Contribuír ao aforro económico en torno a materiais de decoración do Nadal e dispoñer de elementos decorativos que aporten a localidade un entorno de Nadal acolledor e ilusiónante.
- Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.
- Sensibilizar do problema dos residuos e da importancia do reciclaxe.
Establécense dúas categorías de participantes:
a)Familiar\Individual.
Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas maiores de idade con residencia no municipio de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) que realicen a decoración da súa vivenda.
b)Colectiva.
Poderán participar os establecementos do concello que teñan escaparate visible dende a vía pública e aqueles que ofrezan outro tipo de servizos como bares, restaurantes, cafeterías, asesorías, inmobiliarias, hoteis, pensións, estudios etc que dispoñan dun balcón, xanela, porta, fachada.
Poderán participar as asociacións e /ou comunidades de montes legalmente establecidas que decoren unha praza/ lugar/… da parroquia na que estean establecidas.
PREMIOS
Os premios dividense por categoría da seguinte forma:
–
Categoría Familiar\Individual:
1º Premio: 200,00 €
2º Premio: 150,00 €
3º Premio: 100,00 €
–
Categoría Colectiva:
1º Premio: 300,00 €
2º Premio: 250,00 €
3º Premio: 200,00 €
PRAZO PARA ENVÍO DAS FOTOS DESDE O 30 DE NOVEMBRO HASTA O 10 DE DECEMBRO.
PRAZO DE EXPOSCIÓN DO TRABALLO: ATA O 07 DE XANEIRO DE 2026.
PRAZO PARA A VALORACIÓN DO 11 AO 15 DE DECEMBRO
PRAZO DE RESOLUCIÓN DE PREMIOS 16 DE DECEMBRO
PLAZO DE ENTREGA DE PREMIOS NAS DATAS QUE SE ESTABLEZA A FESTA DE NADAL


