O Concello de Cerdedo-Cotobade prevé crear unha zona de aparcamento e de recreo nas inmediacións do local sociocultural da parroquia de Tenorio.
Ante a grande demanda de uso que ven tendo o local de recente construcción na parroquia de Tenorio, fai necesario ter un espazo municipal destinado a aparcamento nas inmediacións do citado local sociocultural, así como dotalas dun parque infantil e outro biosaudable.
Por todo o exposto, e ante a existencia de dúas parcelas anexas ao local sociocultural de Tenorio aptas para implantar este equipamento, habilitouse un procedemento de adquisición das citadas parcelas que se consideran idóneas para o uso previsto.
As parcelas atópanse no ámbito do solo de núcleo rural de Tenorio, séndolle de aplicación a ordenanza nº 4 das NNSS, non advertíndose inconvenientes para os usos de area de recreo (parques infantís ou semellantes), e aparcamento complementario da casa do pobo municipal, trala agrupación coa parcela onde se empraza