Tenorio, parroquia priorizada na prevención de incendios.

A parroquia de Tenorio foi catalogada polo PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia) como parroquia priorizada. Esta catalogación supón unha especial atención en materia de prevención de incendios forestais e xestión da biomasa, co obxectivo de mellorar a seguridade das persoas, vivendas e montes da nosa parroquia.

A Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que nunha faixa de 50 metros arredor dos límites urbanísticos dos núcleos de poboación deben permanecer limpas de maleza e sen especies como o eucalipto, piñeiro ou acacia entre outras.

Unha das principais vantaxes da consideración de parroquia priorizada é a posibilidade de que os propietarios/responsables poidan asinar un contrato de limpeza con SEAGA por un período de 4 anos, mediante o cal esta entidade asumiría os traballos de limpeza, corta e retirada de especies prohibidas nas parcelas das faixas secundarias de protección. Todo isto cun custo bonificado de 420 euros por hectárea, facilitando así o cumprimento das obrigas legais e reducindo significativamente o custo para a veciñanza.

As persoas interesadas poden consultar se as súas parcelas están incluídas dentro das faixas secundarias de xestión da biomasa a través do visor público XESBIO2 da Xunta de Galicia en internet:

https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

Co fin de explicar con maior detalle esta nova situación, realizarase unha REUNIÓN INFORMATIVA.

    • Lugar: LOCAL SOCIAL TENORIO
    • Data: Mércores 27 de Maio 2026    
    • Hora: 20:00h

 

No obstante, o procedemento de formalización dos contratos xa está dispoñible para a veciñanza. Os interesados deberán formalizar os contratos nas oficinas municipais (só SEDE CERDEDO) os MARTES, XOVES E VENRES  de 09:00 a 13:00h.  Para ofrecer unha mellor atención e evitar esperas, é necesario solicitar previamente unha cita chamando ao teléfono 986.75.30.06 ou ben a través de cita previa na sede electrónica do Concello. https://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal/citaprevia.1