¿De qué se trata?
O Concello de Cerdedo-Cotobade aposta pola xestión da fracción orgánica mediante a autocompostaxe, desviando así gran parte dos residuos xerados fóra do sistema de recollida municipal, xa que representa máis do 40% da bolsa de lixo.
Información
O Programa de Compostaxe Doméstica ten tres obxetivos:
- Recuperar unha tradición galega para que as familias pertencentes a este Concello poidan compostar os seus propios residuos orgánicos e tomar conciencia da problemática que supón a xestión dos mesmos e así obter un abono de calidade libre de fertilizantes químicos.
- Mellorar as taxas de recollida selectiva coa confianza de diminuír a cantidade de residuos que se verten no colector xenérico, o que permitiría rebaixar a factura polo seu tratamento.
- Aproveitar os restos vexetais procedentes de poda municipal e privada como material estructurante. O interese da xestión das masas forestais que rodea os núcleos de poboación non vén só derivado pola xestión do patrimonio vexetal, senón tamén pola necesidade de executar accións de prevención de incendios e de mellora da seguridade das persoas e bens inmobles, e abre a posibilidade de equilibrar o balance de CO2.
¿Qué me ofrece o Concello?
- Composteiro.
- Manual – Guía de compostaxe.
- Unha sesión de formación con asesoramento técnico personalizado.
- Varias visitas a domicilio para comprobar o bo funcionamento do programa.
¿Cómo inscribirse?
- Enche a solicitude de inscrición e entregáa no Concello ou mándáa cuberta e asinada ó correo electrónico medioambiente@cerdedo-cotobade.gal
- Para máis información ou si xa practicas a compostaxe e tes dúbidas, infórmate na Oficina Municipal de Medio Ambiente do Concello, chamando ó teléfono 986.75.30.06 ou enviando un correo electrónico a medioambiente@cerdedo-cotobade.gal