No ano 2015 o antigo Concello de Cerdedo, a través do servizo de medio ambiente, presentou un Plan Local de Xestión de Biorresiduos para optar a un plan de subvencións do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. O proxecto foi subvencionado polo Ministerio de Medio Ambiente e pola Oficina Española de Cambio Climático (OECC), a través do plan PIMA Residuos 2015 co obxectivo de reducir e tratar en orixe os residuos orgánicos e vexetais xerados nos núcleos illados do Concello a través da compostaxe doméstica. A implantación desta xestión supón unha redución dos altos custes de xestión do lixo (económicos e medioambientais) e fomenta a participación dos cidadáns nun modelo de xestión de residuos sostible.

No ano 2017, o novo concello Cerdedo-Cotobade, continúa coa implantación da compostaxe nos núcleos de Cotobade grazas a subvención do plan PIMA Residuos 2017.

     

  • Reducir e tratar en orixe os residuos orgánicos.
  • Pechar o ciclo da materia orgánica.
  • Aforro nos custes de xestión e recollida do lixo.
  • Diminuír o impacto ambiental da xestión e recollida do lixo.
  • Redución dos residuos destinados ao colector xenérico e polo tanto a vertedoiro ou incineración.
  • Mellora da separación dos residuos nas casas. Mellora dos índices de reciclaxe.
  • Fomento dunha conciencia social colectiva de respecto e coidado do entorno.
  • Avaliación da práctica de autocompostaxe como forma exclusiva de xestión da FORM no Concello.
  • Beneficios ambientais. Desde o ámbito ambiental ao reutilizar a materia orgánica en orixe, por unha banda, provese un produto final (compost) de alta calidade que permite pechar o ciclo da materia orgánica e reducir o uso de abonos e fertilizantes químicos e doutra banda, deposítanse menos desperdicios no colector verde convencional, o que permitirá reducir a frecuencia de recollida e, polo tanto, as emisións de CO2 derivadas do transporte. Ademais, está demostrado que as familias que participan na compostaxe doméstica melloran a separación do resto de fraccións e polo tanto, mellora a reciclaxe de residuos.
  • Beneficios económicos. Dado que os restos orgánicos supoñen aproximadamente o 40% da composición media da bolsa de lixo, coa compostaxe doméstica diminúe no colector os residuos que máis pesan e cheiran e polo tanto prodúcese un dobre aforro: entregaranse menos residuos a Sogama, e polo tanto, reducirase o importe da factura a pagar a esta empresa polo seu servizo e por outra banda o camión de recollida pode reducir a súa frecuencia e reducir os gastos mecánicos e de combustible.
  • Beneficios sociais. Recupérase unha tradición en Galicia e promove a implicación directa do veciño na xestión dos seus residuos e supón unha ferramenta de sensibilización ambiental e participación social.
  • COMPOSTAXE DOMÉSTICA
  • XESTIÓN DOS RESTOS VEXETAIS DE PODA MUNICIPAL E PRIVADA. SERVIZO DE BIOTRITURACIÓN.

O proxecto ten unha duración de dous anos cun alcance de participación de 150 familias. Os núcleos de poboación que van a participar pertencen a unha mesma ruta de recollida do lixo co obxectivo de que ao finalizar o proxecto se converta nunha ruta libre de residuos orgánicos.Cada vivenda que participa no programa recibe:

  • Composteiro
  • Aireador de compost
  • Caldeiro para desperdicios
  • Préstamo de criba
  • Triturado dos seus restos vexetais
  • Manual – guía de compostaxe
  • Imán
  • Curso de formación

Todos os participantes recibirán visitas de seguimento e control para verificar o bo funcionamento do programa.

 


 

FASE II

1 – 31 de Xaneiro de 2017. Prazo de inscrición na II Fase do proxecto. Folleto informativo.

01 – 15 de Marzo de 2017. Prazo de inscrición ampliación Parroquia de Carballedo. Folleto informativo

 10 e 24 de Marzo de 2017. Charla formativa.Cerdedo– Caroi – Corredoira.

29  de Marzo de 2017. Charla formativa. Carballedo.

29-31 de Maio. Primeras visitas de seguimento.

Finais de Xullo / Agosto – Setembro. Segundas visitas de seguimento.

Principios de Novembro / Xaneiro. Terceiras visitas de seguimento.

 


 

FASE III – PLAN PIMA RESIDUOS 2017

Xaneiro 2018. Prazo inscrición para as parroquias de Tenorio, Viascón, San Xurxo e Santa María de Sacos.

 17 e 26 de Febreiro de 2018. Charla formativa.

03 de Maio. Inauguración e xornada educación ambiental área compostaxe CEIP Tenorio

 Xuño 2018. 1 ª visita de seguimento

Decembro 2018. 2ª visita de seguimento

 


 

FASE IV – PLAN PIMA RESIDUOS 2017

Marzo 2019. Prazo inscrición aberto a todas as parroquias de Cotobade.

23 de Abril de 2016. Celebración curso de compostaxe e entrega de materiais aos primeiros 75 participantes do proxecto.

01 – 10 de Maio de 2016. Primeras visitas de seguimento.

Xullo – Agosto de 2016. Segundas visitas de seguimento.

Novembro de 2016. Terceiras visitas de seguimento.

Charlas formativas II fase del proxecto. 2017

Visitas de seguimento II fase. 2017

Visitas de seguimento II fase. 2017

Visitas de seguimento II fase. 2017

Visitas de seguimento II fase. 2017

Area compostaxe CEIP San Xoan Bautista

Charla formativa fase III (Tenorio, Viascón, San Xurxo e Sacos)

Servizo de trituración a domicilio

Visitas seguimento III Fase

Area compostaxe CEIP Tenorio

Area compostaxe Centro de dia-residencia