A principal labor da Bolsa de Emprego Municipal é a creación dunha base de datos de persoas que demandan emprego.

Nela pode inscribirse calquera persoa empadroada en Cerdedo-Cotobade, en idade laboral e que esté buscando emprego, por estar desempregada ou porque sendo traballador en activo queira mellorar a súa condición laboral.

Tratase dun servizo de balde e o Concello dende este servizo actúa de mediador entre a oferta e a demanda de emprego, non sendo responsable das relacións contractuais resultantes destas.

A través da Bolsa de Emprego organizaranse obradoiros de orientación laboral para axudar ó demandante de emprego a preparar o seu currículum ou a afrontar unha entrevista de traballo. Ademais, o empresario pode recibir asesoría respecto a subvencións, bonificacións por creación de postos de traballo ou por contratacións de traballadores de determinados colectivos ou outras informacións que precise.

DEMANDANTES DE EMPREGO:

Requisitos para poder inscribirse na Bolsa de Emprego:

    • Persoas maiores de 18 anos.
    • Estar empadroados no Concello de Cerdedo.

As persoas interesadas en estar incluídas na Bolsa de Emprego deberán encher unha solicitude de inscrición, e entregala nas oficinas municipais, xunto cunha fotocopia do D.N.I.e a vida laboral. Ademáis poden adxuntar o curriculum vitae da oficina de emprego de Pontevedra si o queren.

O período de validez dos datos é dun ano, ó termo dos cales se dará de baixa o usuario na Base de Datos. O usuario interesado en manter a continuidade da súa ficha dentro do servizo deberá indicalo na Axencia de Emprego. De igual xeito, deben notificarse a Axencia calquera variación nos datos recollidos na ficha do usuario.

OFERTAS DE EMPREGO

Requisitos para as empresas que queiran solicitar candidatos:

    • Cubir o modelo de solicitude de candidatos, indicando o perfil solicitado, e remitila por e-mail, fax ou persoalmente na Bolsa de Emprego Municipal. (Descargar aquí)
    • A empresa deberá notificar o resultado do proceso de selección.

¡Ofertas de Emprego!

Publica ou consulta as ofertas de emprego actuáis

¿CÓMO FUNCIONA A BOLSA DE EMPREGO?

1- Crease unha base de datos coas persoas demandantes de emprego e outra coas empresas que oferten postos de traballo.

2- As persoas interesadas en estar incluídas na Bolsa de Emprego cubren a solicitude de inscrición e posteriormente se lles realiza unha entrevista ocupacional fixada pola Axencia de Emprego Municipal co fin de identificar o seu perfil profesional.

3- O servizo a empresas comeza cando se poñen en contacto coa Bolsa de Emprego Municipal para comunicarlle a oferta de emprego.

4- Unha vez recibida a oferta se realiza a búsqueda de candidatos aptos para o posto de entre os solicitantes da bolsa, dende a Axencia de Emprego nos poñemos en contacto cos preseleccionados para informarlles da oferta e das súascondicións. Se están interesados, dende a Axencia se remiten os Currículums á empresa solicitante, quén se encargará a partir de entonces de seleccionar ó seu futuro traballador.

FORMULARIO DESEMPLEADOS




    Leín e acepto a Política de privacidade

    APROBACIÓN DEFINITIVA . Plan Especial De Infraestruturas E Dotacións Do Vial Entre Cerdedo E Caroi

    Documento de APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DO VIAL ENTRE CERDEDO E CAROI redactado pola empresa Estudio Técnico Gallego S.A. para o Concello de Cerdedo-Cotobade. Documentación [...]

    Listas de  provisionais admitidos  Concilia Verán

    Deberá confirmar a súa praza, antes do  01 de xullo, enviando a : auxiliarsersoce@cerdedo-cotobade.gal; omix@cerdedo-cotobade.gal Xustificante de pago  por  importe 40,00 € no número de conta ES70/2080/5123/8430/4000/0621 co concepto : [...]

    PROGRAMA 2026 BENESTAR EN BALNEARIOS

    Un programa pensado para seguir gañando en saúde e calidade de vida, a través dos coidados e dos beneficios das augas termais EN QUE CONSISTE? Estadías de 10 días e [...]

    Concilia Maña 2026-27

    Terá que haber un mínimo de 6 alumnos/as para levar a cabo o servizo. Unha vez rematado o prazo de preinscripción o Concello porase en contacto cos interesados. Xunto coa [...]

    FOGUEIRAS SAN XOAN 2026

    O dia 08 de Xuño abrése o prazo para solicitar permiso para realizar fogueiras na noite de San Xoan, tanto privadas como por parte de colectivos. Os interesados deberán solicitar [...]

    Recuperación do espazo para uso peonil no entorno da Igrexa De Santa María De Sacos

    O Concello de Cerdedo-Cotobade ven de contratar a redacción do proxecto para a RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO PEONIL NO ENTORNO DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE SACOS ao abeiro [...]

    Concilia Verán 2026. DIRIXIDAS A NEN@S QUE CURSEN INFANTIL E PRIMARIA

    O Programa Concilia Verán ofrece unha alternativa educativa e de lecer para os nenos e nenas que cursen Educación Infantil e Primaria ao tempo que propician a conciliación da vida [...]

    Tenorio, parroquia priorizada na prevención de incendios.

    A parroquia de Tenorio foi catalogada polo PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia) como parroquia priorizada. Esta catalogación supón unha especial atención en materia [...]

    018 – Servizo de atención as víctimas de sinistros viais

    018 Un número gratuito de atención a víctimas de siniestros de tráfico.   ESTAMOS PARA AXUDARTE, PEDIR AXUDA É SINSELO E SEGURO. Despois dun sinistro poden surxir dudas, trámites e necesidade [...]

    VII XUNTANZA DE MAIORES

    Venres 24 de abril VII XUNTANZA DE MAIORES CERDEDO-COTOBADE No Pavillón Municipal de Cerdedo REQUISITOS: -Estar empadroados. -Ter 65 anos ou pensionistas con 55 anos, así como os cónxuxes de [...]