Proxecto POCTEP Aldealix_Aldeas Modelo

Impulsando o uso de biomasa no modelo produtivo, mediante o impulso de Comunidades Enerxéticas Locais no rural de Galicia e o Norte de Portugal.

 

O proxecto Interreg POCTEP ALDEALIX (2023-2026) busca poñer en valor e potenciar o uso de recursos forestais para xerar calor en pequenos núcleos do medio rural, mediante o impulso á creación de Comunidades Enerxéticas Locais baseadas en acha e biomasa forestal, á vez que se incorpora xeración fotovoltaica. Isto permitirá reducir o risco de incendios, ademais de xerar novas oportunidades de emprego no medio rural, loitando deste xeito contra o despoboamento, e favorecendo o impulso da transición enerxética. O proxecto contribuirá a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, deseñando solucións escalables e replicables, que permitan adaptarse aos distintos condicionantes dos pequenos núcleos de poboación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

 

Cartel Proxecto