A Consellería de Política Social abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.
REQUISITOS DE ACCESO:
- Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
- Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.
- Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Comezará o 4 de abril e rematará o 27 de maio de 2019 (ambos os dous incluidos)
As solicitudes poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello de Cerdedo-Cotobade ou Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social. Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
DOCUMENTACION:
1.- Solicitude e anexos según modelo oficial
2.- Fotocopia do libro de familia.
3.- Certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar.
4.- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
5.- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución judicial ou administrativa que a declare.