REDACCIÓN PROXECTO “SENDA PEONIL EN SAN XURXO DE SACOS NO CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE”
O Concello de Cerdedo-Cotobade a través dunha subvención concedida ao abeiro do Plan Máis Provincia 2025 Liña 4 por importe de 11.000,00 €, procedeu á contratación da Redacción do proxecto de creación duna senda peonil na parroquia de San Xurxo de Sacos.
A actuación prevista no presente proxecto comprende a creación dun itinerario peonil continuo no núcleo de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo – Cotobade, conectando o entorno rural co Cemiterio parroquial e o campo de fútbol do Castro.
A senda terá unha anchura mínima de 2,50 m e cunha lonxitude total de 1300 m, aproximadamente.
Separase da calzada por medio de un bordo de 22×15 cm, elevado 6 cm con respecto a cota do pavimento.
En consecuencia, o presente proxecto de construción ten como finalidade definir e desenvolver as distintas unidades de obra, precisas para poder levar a cabo as obras
correspondentes ás necesidades, definíndoas completamente na memoria, planos, prego de prescricións técnicas particulares e orzamento.
O Orzamento base de licitación das obras obxecto deste proxecto ascendería á cantidade 803.538,89 €.



