PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS PARA A ORDENACIÓN DA ZONA VERDE EL/ZV-30
OFICINA DE ARQUITECTURA URBANISMO Y PLANIFICACIÓN SLP
O Concello de Cerdedo-Cotobade, adxudicou a redacción dun plan especial de infraestruturas e dotacións coa finalidade de ordenar o sistema de espazos libres públicos denominado EL-ZV-30 no PXOM de Cerdedo, con cargo ao Plan Concellos 2021.Liña 1- investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra.
Os obxectivos deste Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións é dar resposta ás necesidades municipais plantéxandose os seguintes obxectivos para o desenvolvemento do EL-ZV-30:
- Mellora dos accesos e da relación da área co núcleo deCerdedoe por extensión co resto do termo municipal a través das vías de comunicación que conflúen na capital municipal.
- Previsión de infraestruturas axeitadas, entre as que se inclúen servizos urbanísticos axeitados e aparcamentos.
- Ampliación da área de baño e de ocio existente.
- Creación de espazos para o deporte ó aire libre.
- Creación de espazos públicos naturalizados para o descanso a e práctica de hábitos saudables (sendas e bosques).
- Integración do arborado existente que presente especiais valores.
- Creación de espazos para actividades organizadas con asistencia de público.
- Creación de focos de atracción para viaxeiros de fóra do concello coa execución de áreas para autocaravanas.
- Respecto ós espazos naturais protexidos, tentando a súa conservación en estado natural pero integrándoos na ordenación.
- Mantemento en estado natural das zonas que máis alá dos espazos protexidos, presenten especiais valores medioambientais ou paisaxísticos.
- Integración pasaxística do conxunto no contorno procurando o mínimo impacto visual.
O plan especial de dotacións está enmarcado dentro do desenvolvemento das actuacións previstas polo plan xeral de ordenación municipal, sendo necesaria a súa redacción coa finalidade de concretar as actuacións a levar a cabo, co máximo respecto ó medio natural e á paisaxe, desenvolvendo ademais unha secuencia de execución temporal lóxica e viable.
Segundo o indicado no artigo 85 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, a aprobación do plan xeral implica a declaración de utilidade pública para as actuación nel contempladas.
O desenvolvemento deste plan especial, aínda que non contemplado no PXOM, supón facer viable a execución das actuacións contempladas, motivo polo cal o seu desenvolvemento leva implícito o interese público.