PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026 NO CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE (MR701E)
Mellora e ampliación do camiño de acceso a Tenorio Camiño Acceso Tenorio O camiño da actuación, conta cunha lonxitude de 408,00 m, e unha anchura de 3,50 m, o tramo atópase en rega asfáltica deteriorada na capa de rodaxe.
Descrición das actuacións: Camiño Acceso Tenorio
O camiño conta cunha lonxitude de 408,00 m e unha anchura de 3,50 m e proponse unha ampliación para ter en total 5,00 m de anchura na marxe esquerda do camiño.
Comenzarase co desarborado e o desbroce e limpeza da zona. Procederase ca escavación do terreo para chegar a cota necesaria. Estenderase unha base de zahorra artificial de 35 cm. Posteriormente unha rega de imprimación xunto cunha capa de aglomerado AC22 de 5 cm de espesor, despois unha rega de adherencia e para finalizar o paquete unha capa de aglomerado AC16 en todo o ancho co camiño quedando asi un ancho total do camiño de 5,00 m.
Construirase unha cuneta de formigón de 12 cm de espesor na marxe esquerda para recollida das augas pluviais e o final da actuación entubarase por medio dunha canalización de PVC SN-4 de 315 mm de diámetro, pozos de rexistro e sumidoiros. Construiranse dous muros de contención de terras para permitir facer a ampliación do camiño. Para eles utilizarase muro de mamposteria de pedra granítico, formigón
HM/20/P/40 para a zapata, recheo localizado para o trasdos, un dren ranurado de 110 mm de diámetro e unha malla xeotextil de 160 g/m2. Realizarase o retranqueo de postes de liña eléctrica debido da ampliación e realzaranse unha tapas de rexistro con dados de formigón.
Realizarase o marcado da sinalización do camiño con marcas viais reflexivas, sinais de stop, triangular e circulares. Colocarase un reductor de velocidade modular de goma de
3 cm de altura e duas biondas tipo BMSNA2/C cos seus abatementos.
IMPORTE ASIGNADO: 140.925,00€



