NOVO ANUNCIO DE EXPOSICIÓN DE INFORMACIÓN PÚBLICA , polo desestimento dos promotores para tramitara declaración de utilidade pública e a RBDA (relación de bens e dereitos afectados)
Está en fase de información pública para realizar as alegación que se consideren oportunas respecto ao trámite da solicitude de Autorización Administrativa Previa e o Estudo deImpacto Ambiental das seguintes infraestruturas:
PARQUE EOLICO SIROCCO (de 61’6 MW) localizado no Concello de Cerdedo-Cotobade.
PARQUE EOLICO TRAMANTONA (72,8 mw), emprazado nos concellos de Forcarei e Silleda.
LIÑA DE EVACUACION, que atravesará os concellos de Cerdedo- Cotobade, Forcarei e Beariz.
O proxecto e o estudo de impacto ambiental poden ser examinados a través da seguinte ligazón: AQUI
O prazo límite para presentar alegacións é de 30 DIAS HÁBILES, contados a partir do dia seguinte da publicación deste novo anuncio no BOE DE 31 de Maio de 2021, é dicir, o prazo remata o dia 12 de Xullo.
Nas alegacións que se presenten, é importante no oficio facer referencia ao código do proxecto, PEol-323 AC, a fin de facilitar a súa vinculación ao expediente correcto. As alegacións que se estimen oportunas deberán ser dirixidas á Dependencia da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Poderanse presentar electronicamente a través do Rexistro Electrónico da Administración Xeral do Estado (https://rec.redsara.es) ou ben presentandoas nos rexistros do concello ou por calquera outro dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. (* as persoas e entidades xurídicas só a poden presentar por medios electrónicos)
O parque eólico que afecta ao Concello de Cerdedo-Cotobade é o PE SIROCCO e a súa liña de evacuación. Ver PLANO parques SIROCO. Afectaría ás parroquias de CORREDOIRA, CARBALLEDO, SAN XURXO E SANTA MARIA DE SACOS E PARROQUIAS DE PEDRE, CASTRO DO CABO, CASTRO DO MEDIO E TOMONDE.
O parque eólico Tramantona emprázase nos Concellos de Forcarei e Silleda, pero a súa liña de evacuación únese ao PE Penizas de Tomonde. A liña de evacuación afectaría á parroquia de Parada (Cerdedo) e Vilariño.
RESUMO DO PROXECTO:
PARQUE EOLICO SIROCCO (de 61’6 MW) localizado no Concello de Cerdedo-Cotobade. Resumen do proxecto:
11 aerogeneradores de 5,6 MW de potencia unitaria, con transformador de potencia 30/0,72 kV instalado en el interior de la góndola de cada aerogenerador, con 150 m de diámetro de rotor y una altura de buje de 105 metros. Incluye torre meteorológica. Término municipal de Cerdedo-Cotobade. Sistema colector de energía: los aerogeneradores de cada circuito colector se conectan eléctricamente mediante líneas subterráneas de 30 kV a la subestación receptora del parque.
Subestación eléctrica del parque eólico Siroco (subestación elevadora de tensión 30/132 kV): con el objetivo de evacuar la energía generada, se construirá una subestación en el parque eólico, para elevar la tensión de la red de interna del parque (30 kV) al nivel del punto de interconexión previsto con la línea de evacuación (132 kV). Las dimensiones aproximadas en planta de la subestación serán de 34 metros x 36 metros. Término municipal de Cerdedo-Cotobade
Línea de alta tensión de evacuación: la línea evacuará a 132 kV la energía generada en el parque eólico Siroco desde la SET PE Siroco (30/132 kV) hasta la SE PE As Penizas (30/132 kV, subestación en tramitación ante la administración autonómica, sobre la que se proyectan actuaciones de modificación para dar entrada a esta línea); constará de una primera parte, simple circuito, con una longitud aproximada de 12.725 metros, y una segunda parte doble circuito, compartida con la línea de Penizas-Paraño, con una longitud aproximada de 933 metros. Términos municipales de Cerdedo-Cotobade y Forcarei.
LIÑA EVACUACION PE TRAMONTANA
Liña de evacuación Tramontana- Penizas: a liña evacuará a 132 kV a enerxía xerada no parque eólico Tramontana desde a SET PE Tramontana (30/132 kV) ata a SE PE As Penizas (30/132 kV; subestación en tramitación perante a administración autonómica, sobre a que se proxectan actuacións de modificación para dar entrada a esta liña); simple circuíto, cunha lonxitude aproximada de 10.173 metros. Termo municipal de Forcarei (provincia de Pontevedra).
Liña de evacuación Penizas- Paraño: liña a 132 kV que evacúa a enerxía procedente de varios parques, concentrada na SE PE As Penizas, ata o punto de conexión coa rede. Termos municipais de Forcarei e Cerdedo-Cotobade (provincia de Pontevedra) e Beariz (provincia de Ourense).
Calquera dúbida ou información, consultar o proxecto, pódese ir presencialmente na área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, sita en Praza de España, s/n, 36002, Pontevedra; esta consulta presencial requirirá de cita previa, que pode solicitarse a través do teléfono 986 98 92 35, en horario de 9 h a 14 h, ou do correo electrónico a industria.pontevedra@correo.gob.es
ou ben no Concello, no servizo de medio ambiente, na sede de Cerdedo. Se necesita solicitar CITA PREVIA, no teléfono 986.75.30.06 ou 986.76.00.01 ou no enlace CITA PREVIA.