Información pública o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial e de execución PE Pico Touriñán-PE Monte Festeiros

TITULO: información pública o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e o proxecto de execución, da liña de alta tensión entre subestacións do PE Pico Touriñán-PE Monte Festeiros,

PRAZO PRESENTAR ALEGACIÓNS: prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Publicación no DOGA 26 de Xuño de 2023, nº120, RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e o proxecto de execución, en concreto, das instalacións da liña de alta tensión 132 kV subestación parque eólico Pico Touriñán-subestación parque eólico Monte Festeiros, localizada nos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei e Silleda (expediente IN408A 2020/165).

Solicitante: Enel Green Power España, S.L.

Denominación do proxecto: liña AT 132 kV sub. P.E. Pico Touriñán-sub. P.E. Monte Festeiros.

Concellos afectados: Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei e Silleda (Pontevedra).

Obxecto: evacuación da enerxía xerada polo parque eólico Pico Touriñán.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe Instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 11.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Cerdedo-Cotobade (Chan, 11, 36856 Carballedo, Pontevedra, ou praza do Concello, 1, 36130 Cerdedo, Pontevedra.