HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA IGREXA DE SAN XURXO

O Concello de Cerdedo-Cotobade obtivo unha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra para a redacción do proxecto de “HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA IGREXA DE SAN XURXO” ao abeiro do Plan + Provincia 2024-Liña 4 por un importe de 18.029,00 €.

A finalidade desta liña de subvención é impulsar a redacción de proxectos para a recuperación de espazos públicos no ámbito municipal, así como a creación de sendas peonís e/ou ciclables para a implantación de formas de desprazamento máis sostibles.

A intencionalidade desta intervención é proceder á recuperación do espazo circundante á Igrexa, poder limitalo da circulación masiva do tráfico lixeiro e destinalo definitivamente ao peón e ao tráfico rodado de residentes. Conseguindo un novo espazo para o estacionamento de vehículos, potenciando o tránsito peonil entre o espazo de estacionamento e a Igrexa de San Xurxo.