Aberto o prazo para solicitar permiso para realizar fogueiras na noite de San Xoan , tanto privadas como por parte de colectivos. Os interesados deberán solicitar a preceptiva autorización municipal presentando una comunicación no Rexistro Xeral do Concello.
ata o día 19 de xuño do 2024!
Formulario de Solicitude
Bando
Medidas de OBRIGADO CUMPRIMENTO
CONSIDERACIONS XERAIS:
- Deberase facilitar os seguintes datos:
- Nome e apelidos da persoa/as responsable/s da fogueira.
- Documento Nacional de Identidad (DNI)
- Teléfono móbil, que deberá estar dispoñible en todo momento durante a celebración da fogueira.
- Referencia catastral da parcela onde se realizará a localización da fogueira.
- Obriga de coñecer os teléfonos de emerxencias: 012 (Emerxencias) 085 (lumes forestais) e 661.64.14.79 (Protección Civil do Concello).
MEDIDAS PREVENTIVAS AMBIENTAIS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO
- Só poderán facerse as fogueiras que fosen previamente comunicadas no Concello e que se atopen en terreos particulares localizados en solo urbano ou en solo de núcleo rural.
- A persoa responsable da fogueira deberá ter un teléfono móbil dispoñible en todo momento durante a celebración da fogueira.
Teléfonos de emerxencias:
012 (Emerxencias)
085 (lumes forestais)
661.64.14.79 (Protección Civil do Concello).
- Queda prohibido realizar fogueiras no monte. Non se poderá prender lume preto de masas forestais ou matogueiras.
- As fogueiras terán que distar un mínimo de 6 metros de radio por cada metro de altura de combustible a construcións/edificacións, mobiliario urbano, tendidos eléctricos, telefónicos ou vehículos. Especial atención e non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local ou almacén con produtos inflamables.
- Deberase contar cun medio de extinción do lume axeitado ás dimensións da fogueira (caldeiros de auga, area, extintores, mangueira de auga, etc). Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e asegurado antes de marcharse.
- Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente se é un día de vento. Asemade, se iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo.
- Está prohibida a queima de todo tipo de residuos en cuxa composición interveña o plástico, colchóns, rodas, latas, vidro, PVC, aerosois, aceites, produtos inflamables ou explosivos… e en xeral, calquera sustancia que ao arder desprenda gases ou fumes tóxicos.