Orde de 25 de Novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e se convocan para o ano 2020.
Beneficiarios: Particulares de forma individual, agrupacións de particulares, Comunidades de Montes veciñais en man común, Sofor, cooperativas agrarias (…).
En réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR670B).
Axudas: plantación de especies de coniferas e frondosas (do anexo I da Orde) tales como carballos, castaños, nogais…..AXUDAS QUE CUBREN O 100%.
O obxecto desta liña de subvencións é fomentar a creación de superficie forestal naqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas ( Sixpac) como forestal, pasto con arboredo ou pasto arbustivo.
No que respecta a as actuacións subvencionables, inclúense os gastos de plantación forestal e da área de defensa contra incendios forestais, é dicir o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, a adquisición de planta, así como os gastos da plantación propiamente dita. Así mesmo, tamén son susceptibles de subvención as infraestruturas de acompañamento e as obras complementarias.
Data límite para presentar solicitudes: 30 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación no DOG (05.12.2019)
Prema Orde para ler a Orde de axudas, anexos e solicitudes a cumplimentar.