Aluguer Vivendas de Protección Oficial

O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que está aberto o prazo de inscrición como demandante de vivenda protexida de Galicia, para ao alugueiro das Vivendas nº 41 e 43 da Rúa das Longas enCerdedo(antigas vivendas do colexio).

Para poder optar ao citado alugueiro, os interesados deberán inscribirse no Instituto de Vivenda e Solo, no rexistro de demandantes de vivenda protexida de Galicia (Procedemento VI42C) ata o vindeiro mércores 3 de outubro e presentar a documentación pertinente (dita documentación pódese presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: HTTPS://sede.xunta.es ou persoalmente nas Oficinas do Instituto de Vivenda e Solo en Pontevedra, na Rúa Alcalde Hevia 7).

O que se fai público para xeral coñecemento; O Presidente, Jorge Cubela López