Mellora do sistema backup e seguridade do sistema informático

O concello de Cerdedo-Cotobade grazas a  Subvención concedida pola  Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2020 para a Subministración “Mellora do Sistema de Backup e de seguridade do Sistema informático do Concello de Cerdedo-Cotobade. Renovación e Actualización de equipos (Hardware e Software)”, acaba de actualizar o seu sistema informático nas oficinas Xerais das dúas sedes sitas en Carballedo e Cerdedo, mellorando a súa seguridade, e renovando os equipos.

Grazas a esta axuda da Deputación o Concello pode exercer as  súas competencias en óptimas condición aos seus veciños, co apoio que presta a institución provincial aos concellos de menor poboación, acercando a veciñanza a Administración electrónica ao rural.