Punto Limpo
O Punto Limpo é unha instalación aberta a todos os veciños de Cerdedo-Cotobade ao que se poden levar multitude de residuos que polo seu tamaño ou composición necesitan unha xestión específica.
¿Onde se atopa?
Na subida deCerdedoaos lugares de Deán-Castro-Quireza (estrada provincial EP-7103).
- Coordenadas (ETRS89 / Huso29): 548.576x / 4.709.272y.
- Coordenadas XPS: 42.534457N / -8.408127W (WGS84)
¿Cando podo levar os meus residuos?
Horario de Funcionamento:
XOVES, 16:00 – 18:30h
SABADOS, 10:00 – 13:00h
Está prohibido abandonar residuos fóra do recinto. Incumprir calquera norma do uso do punto limpo supón a imposición de multas de ata 300 euros, regulado na ordenanza municipal de medio ambiente e no regulamento do punto limpo.
Entrega de Residuos:
O material estará previamente seleccionado.
A persoa que realiza a entrega estará provista do D.N.I
Existe unhas CANTIDADES MÁXIMAS ADMISIBLES por motivo de xestión e dimensións da instalación.
NON SE ADMITIRÁN OS SEGUINTES RESIDUOS:
Lixo Orgánico: Compostaxe doméstica.
Pneumáticos: Os pneumáticos deben ser entregados nos talleres mecánicos para a súa xestión.
Productos Fitosanitarios: Os seus envases deberán ser entregados nos puntos de recollida de envases de produtos fitosanitarios (xestor SIGFITO)
Residuos de Obras (RCDs): Residuos de construción e demolición. En ningún caso, admitirase residuos con amianto (uralita). Os residuos de fibrocemento ou amianto deberán ser desintalados, acondicionados para o seu traslado e xestionados por empresas inscritas no Rexistro de empresas con risco por amianto (RERA), de conformidade coa regulación sectorial aplicable aos traballos con risco de exposición ao amianto.
Residuos Radioactivos, Infecciosos, Materiais Explosivos ou Inflamables, Combustibles.
Animais Mortos / Residuos Agrícolas e Gandeiros.
Residuos sen Identificar e Distintos aos Especificados dentro de Residuos Admisibles.
SÓ ADMITENSE OS SEGUINTES RESIDUOS:
Mobles (madeira / plástico) (Listado)
Colchóns.
Sillóns e sofás.
Residuos textiles, roupa e calzado. Entrega a asociacións, ONG, Cáritas ou Servizos Sociais. En caso de non poder dar outro uso, entrega no punto limpo.
Plásticos Agrícolas: plásticos – sacos de silo e plásticos de invernadoiro. (Listado)
Plásticos domiciliarios: mangueiras, lonas, xoguetes, cubos de plástico, botellas de plástico de grandes dimensións, caixas de plástico, bidóns, embalaxes, etc. (Listado)
Restos metálicos: somieres, tixolas, potas, tendedeiros, antenas, bicicletas, ferro, aceiro, etc. (Listado)
Residuos perigosos: pinturas, disolventes, vernices e os seus envases. Aerosois. Aceite mineral de automóbil. Baterías de automóbil. (Listado)
Electrodomésticos / Aparellos Electrónicos
Papel-Cartón / Vidro /Envases: Colectores de recollida selectiva.
Pilas
Fluorescentes e Lámpadas
Restos de reparación domiciliaria por particulares: cerámica, ladrillo, cascallos. En ningún caso, admitirase residuos con amianto (uralita). O máximo admitido por obra será 1m3 de escombro. No suposto de superar o volume de residuos admisible no punto limpo, o propietario dos residuos deberá facerse cargo da súa xestión segundo a normativa correspondente e o Concello poderá solicitar xustificante de entrega a xestor autorizado para comprobar que se realizou a xestión adecuada dos mesmos.