Punto Limpo

Dado a extensión xeográfica de Cerdedo-Cotobade, ponse ao disposición da veciñanza de Cerdedo-Cotobade un punto limpo que se localice como máximo a 20 minutos de distancia en vehículo de cada núcleo de poboación. Desta maneira, a veciñanza conta cos seguintes servizos:

  • PUNTO LIMPO FIXO DE CERDEDO: veciñanza das parroquias do antigo Concello de Cerdedo, Sta.Mª de Sacos, Caroi, Corredoira, San Xurxo de Sacos, Viascón e Tenorio.

 

XOVES, 16:00 – 18:30h

SABADOS, 10:00 – 13:00h

 

  • PUNTO LIMPO FIXO DE A LAMA: veciñanza das parroquias de Almofrei, Borela, Rebordelo, Carballedo, Loureiro, Aguasantas, Valongo e o lugar de Vilanova de Tenorio.

 

Consulta horario no teléfono 986.76.82.38

 

  • PUNTO LIMPO MÓBIL
  • MINI PUNTOS LIMPOS DE PROXIMIDADE

¿Onde se atopa?

Punto limpo de Cerdedo

A 5 minutos do núcleo urbano de Cerdedo,

na subida aos lugares de Deán-Castro-Quireza (estrada provincial EP-7103).

Localización Google Maps

Punto limpo de A Lama

No Concello de A Lama, no polígono industrial de Racelo.

Localización Google Maps

¿Cómo funciona?

O material estará previamente seleccionado. Non se admitirán bolsas con residuos mesturados.

A persoa que realiza a entrega estará provista do DNI ou recibo do lixo que certifique que ten domicilio en Cerdedo-Cotobade nas parroquias mencionadas.

Existe unhas CANTIDADES MÁXIMAS ADMISIBLES por motivo de xestión e dimensións da instalación.

Esta prohibido abandonar residuos na porta ou fóra do recinto.

O punto limpo é GRATUITO (o coste está incluído na taxa de lixo) para os usuarios dos domicilios particulares e pequenos comercios de Cerdedo-Cotobade!

Entrega de Resíduos!

O Punto Limpo é unha instalación aberta a todos os veciños de Cerdedo-Cotobade ao que se poden levar multitude de residuos que polo seu tamaño ou composición necesitan unha xestión específica.

NON SE ADMITIRÁN OS SEGUINTES RESIDUOS:

Lixo Orgánico

Pneumáticos: Os pneumáticos deben ser entregados nos talleres mecánicos para a súa xestión.

Productos Fitosanitarios:Os seus envases deberán ser entregados nos puntos de recollida de envases de produtos fitosanitarios, normalmente o comercio onde os mercas.

Residuos de Obras (RCDs):Residuos de construción e demolición. En ningún caso, serán admitidos residuos con amianto (uralita). Os residuos de fibrocemento ou amianto deberán ser desintalados, acondicionados para o seu traslado e xestionados por empresas inscritas no Rexistro de empresas con risco por amianto (RERA), de conformidade coa regulación sectorial aplicable aos traballos con risco de exposición ao amianto.

Residuos Radioactivos, Infecciosos, Materiais Explosivos ou Inflamables, Combustibles.

Animais Mortos / Residuos Agrícolas e Gandeiros.

Residuos sen Identificar e Distintos aos Especificados dentro de Residuos Admisibles.

Punto Limpo Móbil

Percorre as parroquias de maneira itinerante para favorecer a reciclaxe dos residuos que non van aos contedores xenéricos e que pretende achegar o servizo aos veciños aforrándolles desprazamentos ás instalacións fixas de Cerdedo.

A caseta permanece por espazo de entre 15 e 20 días en cada lugar, en espazos públicos e de paso e os mesmos serán anunciados previamente nesta páxina web municipal ou redes sociais (Facebook – Medioambiente Concello Cerdedo Cotobade).

O Punto Limpo Móbil dispón de distintas bocas para depositar residuos como pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, lámpadas e fluorescentes, medicamentos sólidos caducados, pilas, baterías, aerosois, pinturas, vernices,  aceites usados de cociña, cápsulas de café, cartuchos de tinta de impresora e roupa e calzado.

Mini punto Limpo

Instalacións pequenas, accesibles as 24 horas o dia para depositar residuos de pequena dimensión que non poden depositarse nos contedores: pilas, CD-DVD, lámpadas, cartuchos de tinta, teléfonos móbiles, cápsulas de café e pequenos aparellos electrónicos e eléctricos.

 

Onde se atopan?

  CERDEDO: ao carón da farmacia de Cerdedo

  VIASCÓN: aparcadoiro público preto de Casa Manolo

  TENORIO: aparcadoiro centro de saúde de Tenorio

  A CHAN: praza do edificio consistorial de A Chan – Carballedo