No ano 2015 o antigo Concello de Cerdedo, a través do servizo de medio ambiente, presentou un Plan Local de Xestión de Biorresiduos para optar a un plan de subvencións do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. O proxecto foi subvencionado polo Ministerio de Medio Ambiente e pola Oficina Española de Cambio Climático (OECC), a través do plan PIMA Residuos 2015 co obxectivo de reducir e tratar en orixe os residuos orgánicos e vexetais xerados nos núcleos illados do Concello a través da compostaxe doméstica. A implantación desta xestión supón unha redución dos altos custes de xestión do lixo (económicos e medioambientais) e fomenta a participación dos cidadáns nun modelo de xestión de residuos sostible.
No ano 2017, o novo concello Cerdedo-Cotobade, continúa coa implantación da compostaxe nos núcleos de Cotobade grazas a subvención do plan PIMA Residuos 2017.
- Reducir e tratar en orixe os residuos orgánicos.
- Pechar o ciclo da materia orgánica.
- Aforro nos custes de xestión e recollida do lixo.
- Diminuír o impacto ambiental da xestión e recollida do lixo.
- Redución dos residuos destinados ao colector xenérico e polo tanto a vertedoiro ou incineración.
- Mellora da separación dos residuos nas casas. Mellora dos índices de reciclaxe.
- Fomento dunha conciencia social colectiva de respecto e coidado do entorno.
- Avaliación da práctica de autocompostaxe como forma exclusiva de xestión da FORM no Concello.
- Beneficios ambientais. Desde o ámbito ambiental ao reutilizar a materia orgánica en orixe, por unha banda, provese un produto final (compost) de alta calidade que permite pechar o ciclo da materia orgánica e reducir o uso de abonos e fertilizantes químicos e doutra banda, deposítanse menos desperdicios no colector verde convencional, o que permitirá reducir a frecuencia de recollida e, polo tanto, as emisións de CO2 derivadas do transporte. Ademais, está demostrado que as familias que participan na compostaxe doméstica melloran a separación do resto de fraccións e polo tanto, mellora a reciclaxe de residuos.
- Beneficios económicos. Dado que os restos orgánicos supoñen aproximadamente o 40% da composición media da bolsa de lixo, coa compostaxe doméstica diminúe no colector os residuos que máis pesan e cheiran e polo tanto prodúcese un dobre aforro: entregaranse menos residuos a Sogama, e polo tanto, reducirase o importe da factura a pagar a esta empresa polo seu servizo e por outra banda o camión de recollida pode reducir a súa frecuencia e reducir os gastos mecánicos e de combustible.
- Beneficios sociais. Recupérase unha tradición en Galicia e promove a implicación directa do veciño na xestión dos seus residuos e supón unha ferramenta de sensibilización ambiental e participación social.
- COMPOSTAXE DOMÉSTICA
- XESTIÓN DOS RESTOS VEXETAIS DE PODA MUNICIPAL E PRIVADA. SERVIZO DE BIOTRITURACIÓN.
O proxecto ten unha duración de dous anos cun alcance de participación de 150 familias. Os núcleos de poboación que van a participar pertencen a unha mesma ruta de recollida do lixo co obxectivo de que ao finalizar o proxecto se converta nunha ruta libre de residuos orgánicos.Cada vivenda que participa no programa recibe:
- Composteiro
- Aireador de compost
- Caldeiro para desperdicios
- Préstamo de criba
- Triturado dos seus restos vexetais
- Manual – guía de compostaxe
- Imán
- Curso de formación
Todos os participantes recibirán visitas de seguimento e control para verificar o bo funcionamento do programa.
- FASE I23 de Abril de 2016. Celebración curso de compostaxe e entrega de materiais aos primeiros 75 participantes do proxecto.01 – 10 de Maio de 2016. Primeiras visitas de seguimento.Xullo – Agosto de 2016. Segundas visitas de seguimento.15 de Novembro – 07 de Decembro de 2016. Terceiras visitas de seguimento.RESULTADOS DA I FASE DO PROXECTO. Conclusións das visitas de seguimento.Resultados sobre otras fracciones de RSU.Variación recollida lixo no contedor todo en un durante os anos 2015 – 2016
FASE II
1 – 31 de Xaneiro de 2017. Prazo de inscrición na II Fase do proxecto. Folleto informativo.
01 – 15 de Marzo de 2017. Prazo de inscrición ampliación Parroquia de Carballedo. Folleto informativo
10 e 24 de Marzo de 2017. Charla formativa.Cerdedo– Caroi – Corredoira.
29 de Marzo de 2017. Charla formativa. Carballedo.
29-31 de Maio. Primeras visitas de seguimento.
Finais de Xullo / Agosto – Setembro. Segundas visitas de seguimento.
Principios de Novembro / Xaneiro. Terceiras visitas de seguimento.
FASE III – PLAN PIMA RESIDUOS 2017
Xaneiro 2018. Prazo inscrición para as parroquias de Tenorio, Viascón, San Xurxo e Santa María de Sacos.
17 e 26 de Febreiro de 2018. Charla formativa.
03 de Maio. Inauguración e xornada educación ambiental área compostaxe CEIP Tenorio
Xuño 2018. 1 ª visita de seguimento
Decembro 2018. 2ª visita de seguimento
FASE IV – PLAN PIMA RESIDUOS 2017
Marzo 2019. Prazo inscrición aberto a todas as parroquias de Cotobade.
23 de Abril de 2016. Celebración curso de compostaxe e entrega de materiais aos primeiros 75 participantes do proxecto.