Por cumprimento da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, lémbrase o deber de manter as parcelas e terreos situadas no suelo urbano ou núcleo rural nun adecuado estado de limpieza e coa masa vexetal desbrozada. A execución da limpeza e retirada de árbores debe ser realizada antes de que remate o mes de maio de cada ano.
Modificación da Lei 3/2007 (DOG nº245 – 28 de Decembro de 2017)
- A xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas será realizada pola persoa propietaria dos terreos.
- Segundo o Artigo 21 da Lei 3/2007, é obrigatorio xestionar a biomasa das parcelas que se encontren dentro dunha franxa perimetral de 50 metros ao solo urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, cámpings, gasolineiras, depósito de lixo, parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte. Ademais, na totalidade da franxa de 50 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei, como piñeiros, acacias, eucaliptos, toxos ou xestas.
- No suposto de incumprimento desta normativa, a administración pública competente, de oficio ou por solicitude de persoa interesada, enviará á persoa responsable unha comunicación na que se lle recordará a súa obriga de xestionar a biomasa vexetal e reitara de árbores prohibidas e se lle concederá un prazo máximo de 15 días naturais, contado desde a recepción da comunicación.
- O incumprimento desta normativa pode dar lugar á incoación de expediente de orde de execución así como o correspondente procedemento sancionador. No caso de que persista o incumprimento dos deberes que lle incumben aos infractores, o Concello poderá efectuar a execución subsidiaria destes traballos, repercutíndolles os custos ás persoas responsables e de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola administración.
- Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no BOE ou no DOG, no que se incluirán os datos catastrais da parcela. Neste suposto, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no BOE.
- Sen prexuízo das responsabilidades que, de ser o caso, corresponsan ás persoas autoras dos incendios forestais, a consellería competente en materia forestal repercutirá os gastos de extinción a: ás persoas responsables do incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal; ás persoas que resulten responsables de incumprir as distancias mínimas establecidas na lei de incendios e na lei d emontes (ou normas que as substitúan); ás persoas titulares do aproveitamento dos predios concentrados ou reestructurados que estean en estado de abandono.
- As distancias mediranse dende o límite do solo urbano, urbanizable ou núcleo rural. As distancias no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións mediranse dende o paramento destas. En caso de depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, mediranse dende o límite das instalacións.
- Están a disposición dos veciños os planos coa delimitación da franxa de protección de 50 metros.
- O Concello de Cerdedo-Cotobade está catalogado como zona de alto risco de incendio.. En caso de incendio, debe chamar ó número 085.
- Podes coñecer diariamente o risco de incendio consultando o IRDI (índice de risco diario de incendio forestal) na páxina da Consellería do Medio Rural e Mar. O IRDI establece, para cada unha das épocas de perigo, o risco diario de ocorrencia de incendio forestal, cuxos niveis son baixo (1), moderado (2), alto (3), moi alto (4) e extremo (5).
CERDEDO
COTOBADE
COTOBADE
Os perímetros de protección, das vivendas ailladas, situadas fora dos límites dos núcleos rurais, non están incluídos nestes planos.