¡Os CARTUCHOS E TÓNERS DE IMPRESORA son residuos especiáis que non poden acabar mesturados na bolsa do lixo!

Servizo dispoñible exclusivamente para a veciñanza.

Un tóner de tinta de impresión contén plásticos que poden tardar ata 1.000 anos en descompoñerse. Ademais, contén elementos perigosos como arsénico, chumbo, carbono, ferro, aluminio e plásticos, engadindo toxinas ao medio ambiente.

Case todos os cartuchos de tinta e tóner orixinais poden reciclarse ata nun 97%, así que non hai razón para non facelo. Isto non só limita considerablemente os residuos, senón que tamén reduce o custo, sobre todo ambiental, de fabricar novos cartuchos de tinta e tóner.

Puntos de recollida:

      • Sede municipal de Carballedo
      • Sede municipal de Cerdedo
      • Punto limpo
      • Punto limpo móvil
      • Puntos de venda de cartuchos de impresión

Deposita os teus cartuchos de impresora e tóners usados nos contenedores especiáis