O Concello de Cerdedo-Cotobade pon á súa disposición un servizo de recollida de mobles, electrodomésticos e outros aveños inservibles.
O servizo de recollida de enseres PORTA A PORTA é para toda a veciñanza cun domicilio en Cerdedo-Cotobade.
¿Que voluminosos se recollen?
- Mobles (madeira/plástico) (Ver Listado) Deben entregarse desmontados. 6 ud/mes
- Colchóns. 4 ud/ano
- Sofás e cadeiras de brazos. 4 ud/ano
- Voluminosos: Alfombras, persianas, maletas, etc. 6 ud/mes
- Restos metálicos: somieres, tixolas, antenas, bicicletas, tendedeiros, etc (Ver Listado) 6 ud/mes
- Resíduos perigosos: envases de pinturas, disolventes e vernices, baterías. 4 ud/mes

Plásticos de grandes dimensións
- PLÁSTICOS AGRÍCOLAS: Plásticos de invernadoiro.
- OUTROS PLÁSTICOS: mangueiras, lonas, xoguetes de plástico, caixas de plástico, botellas de plástico de grandes dimensións, embalaxes. (Ver Listado)
GRANDES ELECTRODOMÉSTICOS: Frigoríficos, conxeladores, lavadoras, secadoras, lavalouzas, cociñas, fornos, microondas, aparatos refrixeradores, ventiladores eléctricos, radiadores eléctricos, aparatos de aire acondicionado.
LÁMPADAS E FLUORESCENTES DE BAIXO CONSUMO: O Concello pon á súa disposición colectores de recollida de lámpadas e fluorescentes de baixo consumo.
¿Onde os podes atopar? Concello, Puntos de venda, Punto Limpo…
PEQUENOS APARELLOS: Pantallas, televisores, marcos dixitais para fotos, monitores, ordenadores portátiles, aparellos de reprodución de son ou imaxe, equipamentos de música, ordenadores, impresoras, aspiradoras, limpamoquetas, máquinas de coser, aparellos de ventilación, fervedoiros eléctricos, reloxos, máquinas de afeitar eléctricas, básculas, aparellos para o coidado do pelo e o corpo, calculadoras, aparellos de radio, videocámaras, instrumentos musicais, xoguetes eléctricos e electrónicos, detectores de fume, reguladores de calefacción, termóstatos, pequenas ferramentas eléctricas e electrónicas, pequenos instrumentos de vixilancia e control, teléfonos móbiles e os seus cargadores e baterías, GPS.









