¡Os CARTUCHOS E TÓNERS DE IMPRESORA son residuos especiáis que non poden acabar mesturados na bolsa do lixo!

Servizo dispoñible exclusivamente para a veciñanza.

Un tóner de tinta de impresión contén plásticos que poden tardar ata 1.000 anos en descompoñerse. Ademais, contén elementos perigosos como arsénico, chumbo, carbono, ferro, aluminio e plásticos, engadindo toxinas ao medio ambiente.

Case todos os cartuchos de tinta e tóner orixinais poden reciclarse ata nun 97%, así que non hai razón para non facelo. Isto non só limita considerablemente os residuos, senón que tamén reduce o custo, sobre todo ambiental, de fabricar novos cartuchos de tinta e tóner.

Puntos de recollida:

      • Sede municipal de Carballedo
      • Sede municipal de Cerdedo
      • Punto limpo
      • Punto limpo móvil
      • Puntos de venda de cartuchos de impresión

Todos os medicamentos que se venden en España teñen ese símbolo na caixa. Os medicamentos NON SE DEBEN TIRAR AO LIXO NIN POLOS DESAGUES.

Deposite os envases e os medicamentos que non necesite no Punto SIGRE da farmacia.

¡AS CÁPSULAS DE CAFÉ SON RECICLABLES!

 

Dálle unha segunda vida aos posos de café, ao aluminio e ao plástico das cápsulas de café.

Puntos de recollida:

    • Punto Limpo de Cerdedo
    • Punto Limpo Móbil
    • Mini puntos limpos

 

Máis información:

www.lascapsulassereciclan.com