Non calquera obxecto de plástico ou metal é un ENVASE. É moi importante que só deposites neste contedor ENVASES, xa que O Concello é penalizado polos residuos que depositas incorrectamente no contedor.

ENVASES DE PLÁSTICO

    • Botellas e garrafas de plástico, incluído os seus tapóns (bebidas, aceite, etc)
    • Envases de produtos de limpeza (deterxente, suavizante, xabón, etc)
    • Envases de alimentos (incluído as tapas) (iogures, envase de queixo de untar, manteiga, queixo fresco. etc)
    • Sobres de plástico (sopas, puré de patacas, etc) e envoltorios de pasta, arroz, etc.
    • Envases de produtos de hixiene (champú, xel, pasta de dentes, crema corporal, desodorizante roll-on, etc)
    • Bolsas e envoltorios de plástico (bolsa de aperitivo, envoltorio de madalenas, bolsas de plástico, etc)
    • Bandexas de plástico, bandexas de porexpan, papel filme e blisters de plástico.
    • Plástico de burbullas. Filme d envoltura de packs de bebidas. Rede de plástico.

ENVASES DE METAL

    • Latas de conserva
    • Latas de refrescos
    • Sprays (desodorizantes, lacas de pelo, insecticidas, etc)
    • Tapas metálicas dos tarros de vidro (SÓ AS TAPAS)
    • Bandexas de aluminio. Papel de aluminio

ENVASES TIPO BRICK

    • Bricks de leite, zumes, etc