O Real Decreto 1311/2012 obriga aos agricultores para xestionar os residuos de envases usados de produtos químicos utilizados para “sulfatar” os cultivos: insecticidas, herbicidas, fungicidas, etc. Estes produtos, chamados fitosanitarios, son vendidos en garrafas, botes, bidóns ou sacos de papel que unha vez baleiros, son residuos contaminantes.
A lei sanciona duramente a acción de queimalos ou abandonalos no campo (ata 3.000 euros) e está prohibido depositalos nos colectores de lixo convencional.
En España existe un servizo de recollida gratuíta para este tipo de residuos, SIGFITO, que permite aos agricultores entregar os seus residuos de envases fitosanitarios sen custo algún e cumprindo a lei. Para iso, instala colectores en distintas entidades do sector agrario (por exemplo puntos de venda) onde os agricultores poderán deixar GRATIS os seus residuos de envases.
Entregando nestes puntos de recollida estes residuos garantimos que non contaminarán o medio ambiente e serán reciclados en novos materiais ou reutilizados como envase.
Este servizo é financiado integramente polos fabricantes dos produtos fitosanitarios, que están obrigados por lei a iso polo feito de poñer no mercado estes envases.
Garrafas, botes de plástico, sacos de cartón, latas e bidóns metálicos marcados unicamente co símbolo circular SIGFITO, sendo recomendable cando leven os envases facer un triple lavado dos mesmos.
NOTA: Se o teu envase ten na etiqueta o punto verde , pódese reciclar nos contedores amarelos que tes a túa disposición na rúa.
Os puntos de recollida máis próximos ao Concello de Cerdedo-Cotobade son os seguintes: