¿Como Funciona?
Un dos principais xeradores de biorresiduos son os establecementos de restauración e hostalaría: bares e restaurantes, cafetarías, establecementos hostaleiros, comedores escolares, etc.
Obrigal legal de recollida separada.
Cumprir obxectivos europeos de reciclaxe, sancións e repercusións nas taxas
Sostibilidade e economía circular: residuo en recurso, un fertilizante natural, o COMPOST
Case o 40% da bolsa do lixo é materia orgánica. SOGAMA factura ao Concello en función das toneladas entregadas. Os restos de comida é a fracción do lixo de maior peso. Resulta imprescindible realizar a súa recollida por separado, para que un residuo que se pode transformar en recurso non remate en incineración ou vertedoiro.
¿Como Funciona?
Unha vez adherido o establecemento, realizarase unha visita explicativa por parte do persoal do Concello e farase entrega dun ou varios colectores marróns (segundo necesidades), chave e bolsas compostables.
A recollida realízase porta a porta para cada establecemento.
Responsabilidade social!
A participación dos grandes xeradores do noso Concello e os comedores escolares supón un beneficio para toda a veciñanza. Grazas o seu esforzo de separación, Cerdedo-Cotobade é un exemplo de sostibilidade.
Busca nos establecementos o selo de participación, distinto de que ese establecemento cumpre coa súa responsabilidade social.







