Cerdedo-Cotobade

cuenta con una población total de 5.697 hab. (año 2020), que se reparten en las veintiuna parroquias correspondientes, siendo S. Miguel de Carballedo la capital municipal.

Ver datos estadísticos actualizados en EPADATA.

Las parroquias que forman el ayuntamiento son:

A parroquia de Aguasantas localízase no sur de Cerdedo-Cotobade, e limita con Ponte Caldelas e A Lama.

Segundo o INE do 2015, Aguasantas conta con 289 habitantes repartidos polas 28 entidades de poboación, das cales 17 están habitadas: O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campodanta, O Casal, Ceraxe, A Coutada, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, O Regueiro, Sucastro e O Trebello.

A parroquia de Almofrei localízase no sur do concello de Cerdedo-Cotobade, e limita coa parroquia de Ponte Bora, pertencente a Pontevedra.

Conta con 257 habitantes (segundo o INE do 2015) distribuídos en nove entidades de poboación que son: Os Agriños, A Arrotea, As Cachopeiras, A Costa do Outeriño, A Fontenova, A Grosa, Outeiro Redondo, A Pombeira e a Xesteira.

Esta parroquia, localízase no sur do concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Ponte Caldelas.

Ten unha población de 393 habitantes (segundo o INE do 2015). Dos seus once lugares, nove están habitados: A Aldea de Abaixo, A Brea, A Cavada, A Costa, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela e A Senra.

A parroquia de Carballedo localízase no centro do concello, situándose a súa capitalidade no lugar de A Chan.

Ten 333 habitantes (segundo o INE do 2015) distribuídos en catorce entidades de poboación, das cales once están habitadas: O Berberote, A Braña, A Chan, O Comareiro, A Cuqueira, Doade, A Espeiriña, A Igrexa, A Lomba, Paraños, Pazos, Silvela, Sión e Trabazo.

Caroi localízase no centro do municipio de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei e A Lama.

Conta con 132 habitantes (segundo o INE do 2015) divídense en once entidades de poboación: A Bouza do Home, Bouzas, A Cima de Vila, A Costa, O Coto, A Eirexe, Fraguas, A Graña, A Laxa, Medelo e O Porto.

Castro localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Campo Lameiro.

Conta con 126 habitantes (segundo o INE do 2015) e os lugares que pertencen á parroquia de Santa Baia de Castro son: Bugarín, Castro do Cabo, Castro do Medio e Filgueira.

Cerdedo localízase no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei.

Conta con 668 habitantes (segundo o INE do 2015) e os lugares que pertencen á parroquia de SanXoán deCerdedoson: Abelaíndo, Arén, San Bernabé, Barro, Biduído, Cabenca, Carballás, Cavadosa, Cerdedo, Cernados, Chamadoira, O Coteliño, Limeres, Lourido, Meilide e Revolta.

Corredoira localízase no centro do concello de Cerdedo-Cotobade.

Conta con 127 habitantes (segundo o INE do 2015). Componse de dez entidades de poboación: A Anta, O Carballal, O Casal, O Lombiño, O Meixoeiro, O Outeiro, A Pedra Picada, As Pozas, A Redonda e O Val

Figueroa localízase no norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei.

Conta con 157 habitantes (segundo o INE do 2015) e os lugares que pertencen á parroquia de San Martiño de Figueroa son: Deán, Figueroa, Loureiro, San Martiño e Vilar.

“Ficariola” topónimo en referencia á “figueira, árbore que da o figo”, é moi común na zona. A Capela de Santa Lucía, no lugar de Loureiro, e o seu cruceiro, alzanse nun espazo illado anegado de vexetación. Punto concéntrico dos cinco lugares que constitúen a feligresía. A imaxen da Piedad, sobre a porta de madeira, preside a entrada ó templo.

Folgoso localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei.

Conta con 144 habitantes (segundo o INE do 2015) e os lugares que pertencen á parroquia de Santa María de Folgoso son: Cachofés, O Casal, Covas, A Esbarrela, Outeiro, Quinta e Vilariño.

“Filicosus, lugar poboado de fentos” é a orixe do topónimo Folgoso.

Santiago de Loureiro, localízase no sur do concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con A Lama.

Conta con 151habitantes (según o INE do 2015) que están distribuídos en dez entidades de poboación: O Batán, O Beseiro, A Chan, A Costa, O Frade, O Igrexario, Insuela, O Pereiral, O Piornal, Ribalta e A Vilalén.

Parada localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei.

Conta con 44O habitantes (segundo o INE do 2015), e os lugares que pertencen á parroquia de San Pedro de Parada son: Framil, Insua, Mouteira e Parada.

Parada deriva do latín “MansioParata”. Topónimo empregado nos camiños galegos no lugar onde se cobrabaa “parata – tributo”.

A freguesía, círculo de catro grupos de casas concéntricas, é terra de tecedeiras, as mulleres que tecen o liño. O castro no que se erguea Capela da Nosa Señora do Pego e o cruceiro, no lugar de Insua, é mostra do sobranceiro patrimonio arqueolóxico e paisaxístico grazas á abundancia de carballos e castiñeiros. Entre ameneiros, abeleiras e amendoeiras, álzase sobre o río Lérez, a Ponte Nova do Pego. A Ponte vella do Pego, feita de pedra e madeira, salvaba o PozoNegro e os seus tesouros.

Pedre localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Campo Lameiro.

Conta con 162 habitantes (segundo o INE do 2015), e os lugares que pertencen á parroquia de Santo Estevo de Pedre son: Pedre, Serrapioe Vichocuntín.

Os doce canastros da Eira Grande, no lugar de Pedre, onde se atopa o cemiterio, a Igrexa Parroquial de Santo Estevo de Pedre do s. XVII – XIX, o peto de ánimas na Honra da Virxe do Carme, a Reitoral, e o viacrucis; é boa mostra do patrimonio histórico – cultural. Na confluencia do ríoLérez co seu tributario o río Quireza, e reconstruída no s. XIV conservando tres arcos e un cruceiro de finais do s. XII, a Ponte Romana de Pedre. Asóciase a unha calzada romana empregada coma ruta de peregrinación a Santiago de Compostela.

Unha calzada pétrea une a Ponte Romana de Pedre coveciño Serrapio. A Capela de San Lourenzo no cumio do outeiro agarda impasible dende o s. XVIII. De estilo barroco, a carón da ermida álzase o pombal e os restos dun viacrucis.

O fantasmagórico lugar de Vichocuntín resiste no tempo. Obra dos canteiros da zona é a Ponte de Vichocuntín eo peto de ánimas.

Quireza localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con A Estrada e con Forcarei.

Conta con 360 habitantes (segundo o INE do 2015), e os lugares que pertencen á parroquia de San Tomé de Quireza son: Cuíña, Os Castros, Fondós, Laxoso, Mamoalba, O Outeiro, Piñeiro, Tres aldeas e Vilarchán.

Xosé Sanmartín Sobrino na obra “Un país chamado A Estrada”, escribe sobre a procedencia do topónimo Quireza; do latín “quirites/quiritium” o equivalente a dicir “romano” ou “cidadán”.

San Martiño de Rebordelo está situada no sur do Concello de Cerdedo-Cotobade, distinguíndose nela oito entidades de poboación: O Facho, As Lagoas, Os Lourenzos, Os Martices, O Pozo Negro, O Quinteiro de Abaixo, O Quinteiro de Arriba e o Salgueiro.

Conta con 145 habitantes ( segundo o INE do 2015).

San Xurxo de Sacos está situada no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade e limita con Campo Lameiro. Está dividida en dez entidades de poboación: Barbeitos, Calva da Viña, Cuspedriños, Cutián, Fentáns, Fontán, Lombo do Muíño, A Longa, O Outeiro, e San Xurxo, e conta con 519 habitantes (segundo o INE de 2015).

Santa María de Sacos localízase no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade. Conta con 244 habitantes (segundo o INE do 2015). Distínguense catro entidades de poboación: O Cádavo, Dorna, Vila de Abaixo e Vila de Arriba.

Tomonde localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade e limita con Forcarei e A Estrada.

Conta con 167 habitantes (segundo o INE do 2015), e os lugares que pertencen á parroquia de Santa Mariña de Tomonde son: Barbeira, A Devesa, Fraguas, Tomonde e Vilalén.

Tenorio está situado ao sur do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita coa parroquia pontevedresa de Ponte Bora.

O río Lérez bordea a parroquia, servindo como fronteira coa parroquia de San Andrés de Xeve de Pontevedra, polo oeste.

Ten unha poboación de 1168 habitantes (segundo o INE do 2015) polo que é a parroquia máis poboada de todo o municipio. Dista uns oito kilómetros de Pontevedra, capital coa que se comunica pola estrada N-541.

A parroquia conta con trece entidades de poboación: Barro, Calvelo, O Castro, Covas, A Laxe, Lérez, Parada, Rascadería, O Río, Tenorio, A Torre Vella, Tralasmós, Vilanova e Zamar.

A parroquia de Santo André de Valongo localízase no sur do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con A Lama.

Conta con 116 habitantes (segundo o INE do 2015), que están distribuídos en once entidades de poboación: O Campo da Ferreira, O Campo, A Casanova, A Cerdeiriña, Chielas, O Igrexario, O Outeiro do Forno, As Penizas, O Quinteiro, Rañas e O Regueiro..

Nesta localidade celébrase no 1º fin de semán de setembro, a Festa da Filloa, producto que se elabora no trebello tradicional de ferro, e que dende hai uns anos ten unha gran sona.

Viascón localízase no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Campo Lameiro.

Conta con 458 habitantes (segundo o INE do 2015) que están distribuídos en once entidades de poboación: A Atalaya, A Bouza, Cabanelas, O Camiño Novo, O Castro, A Costa, A Costiña, Cuíñas, O Mallo, Quintán e O Valiño.