O municipio é o berce de grandes canteiros que percorrían España rabaixando a pedra e que se coñecían coa denominación popular de “barrocos”. Hai que renderlle unha mención especial ao mestre Cerviño, máis coñecido como Pepe dá Pena, natural de Aguasantas e autor de cruceiros tan importantes como o de Hío, Covelo, Ponteareas entre moitos outros.
No concello debemos destacar as igrexas de estilo románico que podemos atopar en moitas das parroquias, tendo gran relevancia a igrexa de Santa María de San Xurxo, de finais do século XII.
De estilo barroco podemos atopar as igrexas de San Martiño de Borela, San Martiño de Rebordelo, San Miguel de Carballedo, Santo André de Valongo e San Tomé de Quireza.
De estilo neoclásico e fachada barroca temos a igrexa de San Xoán Bautista de Cerdedo, que na praza de Don Fernando García Leiro forma un conxunto composto pola citada igrexa, o cruceiro, o cemiterio e a reitoral do século XVIII.
CAPELAS
Oculta entre vivendas, no lugar de Cabenca, atópase a capela da Concepción ou de San Salvador que data do s. XVI. Posúe campá de prata. Segundo a lenda popular, que perdura entre carballos centenarios, Rosalía de Castro foi concibida nalgunha das súas casas.
A Capela da Virxe da O, no lugar de Laxoso, alzouse nun outeiro á entrada do núcleo e afastada das vivendas. A contorna é verde, abeirada por unha carballeira e cruceiros.
Data do s. XVIII, integrouse nunha zona elevada xunto ó cruceiro, no núcleo do lugar de Meilide.
Situada en Fentáns, ten portada de arco adintelado, recercado de molduras acoradas, flanqueada por pilastras e coroada con frontón semicircular. Espadana central de dobre vano, de cemento.
Interior: nave con falsa bóveda de canón, e arco triunfal de medio punto sobre pilastras.
A Capela da Nosa Señora do Pego e o cruceiro, no lugar de Insua, é mostra do sobranceiro patrimonio arqueolóxico e paisaxístico grazas á abundancia de carballos e castiñeiros.
Capela de Nosa Señora dos Remedios (Castro)
Cruceiro e capela de Nosa Señora dos Remedios que data do s. XVIII. A fermosa panorámica da parroquia de San Tomé de Quireza e as serras do arredor é o notorio do lugar.
A Capela de San Bieito ou da Purísima Concepción do s. XVIII, un canastro e o cruceiro, álzanse nunha zona coidada e acoutada por un muro con cruces de pedra; no lugar de Vilarchán.
Celébrase a festa de San Brais, o 3 de febreiro.
A Capela de San Cibrao, nun alto dominando o núcleo do lugar de Vilalén xunto á cruz e dous canastros, forma un conxunto de interese paisaxístico. Unha peculiar secuencia de canastros acompaña no camiño de acceso.
XVIII no lugar de Arén, agarda os seus devotos nun alto. O arcanxo San Miguel sobre pedestal no muro lateral dá a benvida. Frondosa vexetación de ribeira e vellos muíños de pedra, acompañan ó río Castro o seu paso polo lugar de Arén, baixo a Ponte de Arén e o lugar de Barro.
Pranta basilical. No exterior, porta adintelada enmarcada por pilastras caixeadas e arco de medio punto con tímpano. Encima, dúas fiestras de medio punto é óculo central.
Os laterais transparentan perfectamente a planta basilical, ó redor, oito contrafortes con fiestras de medio punto en cada tramo.
No lugar de Piñeiro, entre rúas estreitas, atópase a Capela de San Xoán do s. XVIII. Xa nas aforas, a Ponte sobre o río Quireza integra unha zona de protección xunto a prados e árbores de ribeira.
O conxunto da Capela de San Xosé (s. XVIII – XIX) máis o cruceiro, alzáronse no núcleo antigo de Fondós. De estilo barroco, conserva no seu interior a imaxe do San Ramón.
Capela de planta rectangular dunha nave. Pequeno óculo central, espadana dun vano e pináculos nas esquinas. Nos muros laterais, hai vanos rectangulares e nas cabeceiras, pináculos e cruz antefixa.
O encanto da Carballeira de San Xusto, situada en San Xurxo de Sacos, no municipio de Cotobade, maniféstase non só polos seus carballos centenarios ou pola idílica capela que se alza neste espazo, senón tamén pola sona da súa romaría e a importancia desta zona na cultura popular.
A Carballeira de San Xusto é un lugar tradicional de encontro e referencia de lendas, vellos contos e cancións. A riqueza natural de San Xusto maniféstase a través da súa abundante vexetación, onde sobresaen os bosques de ribeira xunto aos caducifolios. Carballos centenarios, e soutos de castaños conviven con importantes zonas de vexetación densa formadas por fentos, enredadeiras ou mofos. Dunha ampla extensión no pasado, hoxe está moi minguada.
A contorna está presidida por un cruceiro e unha capela, na que os días 5 e 6 de agosto se celebra a romaría dos Santos Xusto e Pastor. Antigamente celebrábase unha danza das espadas, e os mozos da zona ían á caza de cabras salvaxes descolgándose sobre os cantís do val. A veciñanza e a xente chegada en peregrinación participaba na procesión do santo polos lugares da parroquia, na que amais das imaxes de diferentes santos, ía o estandarte da Sociedade de Agricultores de San Xorxe de Sacos, fundada en 1903. Algúns dos peregrinos ían ofrecidos, levando caixas de mortos e ofrendas para puxar por elas.
A nave da pequena ermida é do século XVIII, pero conserva o presbiterio cuberto, do século XV ou XVI, con bóveda de nervaturas. Chaman a atención as as inscricións da capela que describen as indulxencias concedidas a este santuario polo el pontífice Clemente no ano de 1712.
Máis información: http://www.terrasdepontevedra.org/gl/visitar-cotobade/556-carballeira-e-capela-de-san-xusto.html
No lugar de Loureiro, atópase a capela de Santa Lucía e o seu cruceiro. Alzanse nun espazo illado anegado de vexetación. Punto concéntrico dos cinco lugares que constitúen a feligresía. A imaxe da Piedade, sobre a porta de madeira, preside a entrada ó templo.
No lugar de Loureiro, atópase a capela de Santa Lucía e o seu cruceiro. Alzanse nun espazo illado anegado de vexetación. Punto concéntrico dos cinco lugares que constitúen a feligresía. A imaxe da Piedade, sobre a porta de madeira, preside a entrada ó templo.
Situada no barrio de Famelga. No exterior, a porta de arco adintelado, con dúas pequenas ventás, ós lados do derrame exterior, e con pináculos nas esquinas. Conserva a marca na fachada dun antigo adro, hoxe desaparecido, coroado con espadana dun só vano, e con pilastras angulares que marcan o seu volume.
Do s. XIX, no lugar de Bugarín. Abeirada polo núcleo antigo e unha carballeira, álzase nun elevado presidido polo cruceiro.
Planta basilical. Nave dun tramo con teito de madeira a dúas augas.
Exterior, porta adintelada, sobre ela óculo cego, troneiras na parte baixa.
Flanqueada con pilastras.
Con capela s. XVI, cruceiro e ponte s. XIII. A capela é de sobria fachada e pequena espadana con advocación a San Antón Abade. A ponte álzase sobre o río Castro e servía a antigos camiños ate Santiago de Compostela.
Na sancristía, inscricións: 1823 e 1689.
Celébrase a festa os días 5 e 6 de xuño, adicada aos santos Xusto e Pastor.
IGREXAS
A Igrexa de Santa María de Augasantas posúe unha elegante cúpula de estilo tardío e unha interesante imaxe plateresca da Virxe das Dores. Encóntrase rodeada dun núcleo de casas de pedra antigas e dende a súa contorna ofrécese unha ampla vista sobre o val.
Aínda que foi iniciada no s. XVI, o groso da construción pertence ao s. XVIII, tal como se indica na portada, que ten un arco de medio punto, remarcado de molduras, e lenda decorada con data de 1733. É destacable o seu Cimborrio, con pilastras nos ángulos, que rematan en gárgolas con rostro humano, e sobre elas, o pináculo, e a cúpula sostida por catro volutas.
A súa orixe vincúlase cunha lenda. Conta a tradición, que na Idade Media un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ao pasar ao lado dunha fonte, ao pé da casa, lavouse. Ao pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tras o milagre, impulsada por un presentimento, encontrou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Despois de correrse a voz, os frades do veciño convento de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, e comprometéronse a ir a dar a misa.
MÁIS INFORMACIÓN: http://www.terrasdepontevedra.org/gl/visitar-cotobade/545-igrexa-de-santa-maria-de-augasantas.html
Localización
Parroquia: Aguasantas (Santa María)
Lugar: O Igrexario
36854 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Planta basilical. Nave en catro tramos, cuberta con bóveda de medio canón, arcos faixóns sobre pilastras. Sancristía á esquerda do altar con bóveda de crucería, unha clave, nervios sobre pequenos pilares.
Igrexa do século XVI. Pranta de cruz latina, capela cadrada con bóveda estrelada de cinco claves decoradas, nervios sobre ménsulas con forma de cabezas, arco triunfal apuntado, caixeado sobre pilastras caixeadas.
Na fachada, porta con arco de medio punto, recercada de molduras acoradas, curvas e rectas, enmarcada por pilastras e pináculos. Sobre ela, hornacina con imaxe, frontón curvo, e decoración de placas recortadas.
Santo André de Valongo é unha igrexa de estilo barroco que data de 1720. A torre e o campanario, foron reformados a mediados do XIX. No ano 1854 incorporouse un reloxo no cimborrio. A fachada posúe unha fornela sobre a portada principal coa figura de San Pedro crucificado.
MÁIS INFORMACIÓN: http://www.terrasdepontevedra.org/gl/visitar-cotobade/598-igrexa-de-san-andres-de-valongo.html
Localización
Parroquia: Valongo (Santo André)
Lugar: O Igrexario
36854 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Construción barroca con planta de cruz latina. Destaca a fachada onde pode contemplarse a imaxe de San Lorenzo, cunha grella na man (alusión ao seu martirio). A imaxe atópase encerrada nunha fornela sobre a portada. Coroando a fachada existe unha espadaña con dúas campás. O adro conta con bancos corridos e tres curiosos cruceiros.
Conta con porta recercada de molduras acodadas, e fornela con imaxe, arco de medio punto, e flanqueada por volutas.
Pilastras que enmarcan a fachada e rematan en pináculos. No vértice, unha espadana de dobre vano e volutas laterais.
Localización
Parroquia: Almofrei (San Lourenzo)
Lugar: A Arrotea
36859 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Construción barroca sobre unha antiga igrexa románica. Igrexa de cruz latina. Destaca na fachada a imaxe de San Martiño no interior dunha fornela. No adro da igrexa existe un longo banco corrido, no centro do cal se sitúa un curioso relevo no que se representa O Descendemento. Tamén existen tres imaxes exentas que moi probablemente procedan doutro lugar.
Con planta de cruz latina cunha nave e dúas capelas laterais, que marcan a cruz. No exterior, a fachada está enmarcada por pilastras que rematan en pináculos, porta acorada, sobre ela hornacina con volutas ós lados, óculo e espadana central de dobre vano.
Localización
Parroquia: Borela (San Martiño)
Lugar: A Costa
36958 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Construción barroca do s. XVIII, agás a sancristía, instalada na ábsida primitiva, pertence á antiga igrexa románica do s. XIII. A planta constitúe unha cruz insire nun rectángulo. O arco triunfal está lixeiramente apuntado e falta a columna esquerda de apoio. É moi curiosa a cruz situada no alto do tellado, de onde sobresae un estraño animal, semellante a un lagarto.
Do século XVIII, da que se conserva a cabeceira románica do século XII.
Na fachada, porta adintelada recercada de molduras acodadas, frontón semicircular partido con volutas, pináculos adosados, e fiestra cadrada cercada de molduras planas. Decoración de placas e campanario central nas esquinas, pináculos rematando pilastras.
Localización
Parroquia: Rebordelo (San Martiño)
Lugar: Os Lourenzos
36857 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
San Miguel de Carballedo é unha igrexa tardobarroca de planta de cruz latina con cuberta a catro augas. A súa fachada é moi elegante debido, sobre todo, a torre central que se eleva por encima dunha fachada, enmarcada por altos pináculos, que amosa unha imaxe de San Miguel de pedra e tamén un reloxo.
A portada é sinxela, cun arco con dintel e moldura convexa.
O adro, pavimentado con lousas de pedra está pechado por un muro de cantería, con pináculos nas zonas de acceso. Fora dese recinto atopamos un cruceiro moi traballado.
MÁIS INFORMACIÓN: http://www.terrasdepontevedra.org/gl/visitar-cotobade/600-igrexa-de-san-miguel-de-carballedo.html
Conta cunha igrexa barroca de século XVIII, construída sobre outra anterior probablemente románica a xulgar pola estrutura da bóveda e a forma dalgunhas ventás tapiadas. O Claustro do mosteiro é do século XVI, ten dúas alturas e tres ás que recordan ás de Lérez. Probablemente a igrexa primitiva pertencese ao primitivo mosteiro fundado polos benedictinos. Hoxe non se conservan nin unha nin o outro, non obstante o conxunto é fermoso non solo pola súa arquitectura senón tamén polo prácido paraxe en que esta situado.
Localización
Parroquia: Tenorio (San Pedro)
Lugar: Covas
36120 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Pranta de cruz latina. Na fachada, porta con arco de medio punto recercada de molduras acoradas, curvas e rectas, enmarcada por pilastras e pináculos. Sobre ela, hornacina con imaxe, frontón curvo e decoración de placas recortadas, campanario en dous corpos, rematan o centro da fachada enmarcada por pilastras e pináculos.
Localización
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Barbeitos
36121 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Igrexa de finais do século XII de orixe románico. No exterior presenta unha fachada con portada de dúas arquivoltas, lixeiramente apuntadas, sen decorar. Destacan nesta igrexa os motivos fantásticos como os canzorros da fachada que presentan un acróbata e un home coas mans nos xenitais, ou as esculturas do muro piñón nas que un carneiro e un lobo sosteñen a cruz.
Ten unha nave e un ábside rectangular. A nave presenta unha falsa bóveda -moderna- rebaixada sostida por arcos, que a dividen en tres tramos soportadas por columnas embebidas de orixe románica.. As fachadas enmárcanse nos extremos cos muros da fachada e da cabeceira a xeito de contrafortes e teñen saeteiras no centro.
MÁIS INFORMACIÓN: http://www.terrasdepontevedra.org/gl/visitar-cotobade/559-igrexa-de-santa-maria-de-sacos.html
Localización
Parroquia: Sacos (Santa María)
Lugar: A Vila de Arriba
36121 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
A igrexa construiuse no ano 1892 con pranta de cruz latina, e capela abovedada. Ten fachada con porta de medio punto, nela atópase o notable camarín do apóstol, destacando tamén do conxunto, a casa reitoral máis antigua, pois nas súas pedras figura unha inscripción de 1819.
Localización
Parroquia: Viascón (Santiago)
Lugar: Quintán
36121 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
É salientable o conxunto arquitectónico composto polo cemiterio, o cruceiro, a Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista, do s. XVIII, a Praza de Don Fernando García Leiro ea Reitoral dos. XVIII. De estilo neoclásico e fachada barroca a Igrexa Parroquial garda no seu interior imaxes realistas do Divino Ecce Homo, da Virxe das Dores e de San Xoán Bautista. Don Fernando García Leiro obreiro, sacerdote e mestre; fillo da parroquia, e nomeado párroco no 1921 da Igrexa Parroquial de Cerdedo.
Localización
Parroquia: Cerdedo (San Xoán)
Lugar: Cerdedo
Praza de San Fernando
36116 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Cemiterio, cruceiro e Igrexa Parroquial de Santa María de Folgoso, do s. XVII, no lugar de Covas. Nun lugar afastado e cercado de prados, conta con campo da feira e palco da música. A igrexa alzouse sobre un primitivo templo románico. O cruceiro, con Cristo crucificado e coroa de espiñas no anverso e Virxe pregando con coroa no reverso. É salientable no lugar, o bo estado de conservación dun muíño no núcleo.


No lugar de Tomonde, con cemiterio, cruceiro e viacrucis no muro que cerca o adro; domina a zona dende o alto da ladeira. O cruceiro con Cristo crucificado e Virxe pregando, illado e abeirado de carballos. A igrexa románica do s. XII conserva unha sinxela inscrición fundacional, en alusión ó ano 1204 e ó fundador Pedro Calvo. Testemuña dunha misión parroquial no lombo do templo, no Monte do Outeiro, un cruceiro sen imaxes domina a paisaxe.
Localización
Lugar: Tomonde
36116 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Conxunto do s. XVII – XIX, o peto de ánimas na Honra da Virxe do Carme, a Reitoral.
Pranta de cruz latina. Nave de dous tramos con bóveda de nervios dunha clave. Último tramo da nave ocupado por un coro, o arco faixón correspondente a este tramo é lixeiramente apuntado. Sancristía ó lado esquerdo do ábside con bóveda de canón sobre imposta transversal á nave.
No exterior, porta de arco rebaixado moldurado e baquetoneado, sobre ela óculo elíptico e hornacina pequena.
A fachada principal data de 1867. Planta de cruz latina e con tres naves na central. Muros de cachotaría e cadeirado de granito, e cuberta a dúas e catro augas. O corpo principal está dividido en tres tramos, separados entre si por columnas cuadrangulares, cuberta s as naves por bóveda de crucería con arcos de medio punto. A fachada está rematada nunha torre-campanario de dous corpos, un cadrado con blaustrada de pedra e o superior octogonal, rematando nunha cúpula con pináculos.
Localización
Parroquia: Quireza (San Tomé)
Lugar: Os Castros
36116 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
CASAS GRANDES E CASAS REITORAIS
Conta cunha igrexa barroca de século XVIII, construída sobre outra anterior probablemente románica a xulgar pola estrutura da bóveda e a forma dalgunhas ventás tapiadas. O Claustro do mosteiro é do século XVI, ten dúas alturas e tres ás que recordan ás de Lérez. Probablemente a igrexa primitiva pertencese ao primitivo mosteiro fundado polos benedictinos. Hoxe non se conservan nin unha nin o outro, non obstante o conxunto é fermoso non solo pola súa arquitectura senón tamén polo prácido paraxe en que esta situado.
Localización
Parroquia: Tenorio (San Pedro)
Lugar: Covas
36120 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Consta de planta baixa e piso. Portalón de entrada con porta adintelada con doselete, e sobre el, cruz e pináculo con inscrición ilexible. Reloxo de sol. Dentro, patio interior con patín, o que leva a escaleiras con varanda. O patín vai cuberto de pedra sostida por unha columna e arco rebaixado de aceso no seu interior.
Antigo mosteiro de frades, situada no igrexario. De pranta cadrada con patio interior. Consta de planta baixa e piso. Piso con fiestras rectangulares, algunhas con doseletes, dúas grandes balconadas, unha en cada fachada. Na esquina oposta, o cadrado que forma coa casa, unha gran cheminea, e debaixo dela, a cornisa do tellado leva gárgolas.
Localización
Parroquia: Aguasantas (Santa María)
Lugar: O Igrexario
36854 Cerdedo-Cotobade – Pontevedra
Do século XVIII, é de grande interese polo portalón de entrada con porta adintelada e con molduras acoradas. No interior, patio reformado que conserva unha fonte con baixorrelevos moi decorativos. O máis destacado da casa é a súa torre cadrada de dous corpos: no primeiro, fiestras rectangulares con trabatel, e sobre el, balconada corrida. Encima, outro corpo que leva catro gárgolas no remate.
Con planta en L, cunha gran cheminea rematada con gárgolas, o seu patio interior está pechado por un gran portalón e rematado en seis pináculos e bolas. O máis notorio desta casa é a fachada con escaleiras, o primeiro piso e unha solaina con balaustrada de pedra e tellado sostido por pequenos piares.
Con planta en L, cunha gran cheminea rematada con gárgolas, o seu patio interior está pechado por un gran portalón e rematado en seis pináculos e bolas. O máis notorio desta casa é a fachada con escaleiras, o primeiro piso é unha solaina con balaustrada de pedra e tellado sostido por pequenos piares.
I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.
Con baixo e piso, en ambas plantas hai: portas de aceso adinteladas e fiestras rectangulares con trabatel. Anexos e palomar.
PETOS DE ÁNIMAS
O Peto de Ánimas atópase xunto á capela de Santa Lucía, e dentro da carballeira que acolle este interesante conxunto.
O Peto de Ánimas de Famelga componse en planta de dúas partes. Na hornacina, está aloxado un panel realizado en madeira, con relevos policromados; as figuras distribúense en dous niveis superpostos: arriba, vemos no centro sobre unha nube, a imaxe da Nosa Señora co Neno no regazo, e ambos tocados coa coroa real, acompañada por San Francisco e San Antonio, un a cada lado; na parte inferior, no medio dun mar de lapas, asoman os corpos dun bispo, dúas mulleres, un varón e un clérigo.
Estamos ante unha representación do Purgatorio, onde se mostra por unha parte que ninguén, sen diferenciación de clases nin sexos, está ceibe de escapar; ademáis, lémbrase cales son as advocacións máis idóneas para redimir ou reducir as penas transitorias do Purgatorio.
O motivo de maior importancia desta obra, radica nas súas numerosas inscripcións, as cales tras unha detida análise, obsérvase tres campos de texto gravado.
Un peto de ánimas na honra de San Cornello dá a benvida ó lugar.
O Quinteiro, A Xesteira e Xieiros forman o lugar de Tresaldeas. Na beira do camiño, no alto do núcleo atópase un peto de ánimas na honra da Virxe do Carme.