ESPAZOS NATURAIS

O patrimonio natural deste gran concello é un dos maiores legados que posúe o municipio e por iso pódese realizar multitude de actividades como sendeirismo, bicicleta de montaña, caza, pesca (con inmellorables ríos troiteiros), avistamento de aves, fotografía, montañismo… ademais de desfrutar de espazos abertos para o ocio e o esparexemento dotados de infraestruturas axeitadas como as áreas recreativas, carballeiras, miradores e piscinas fluviais.

O concello conta con un sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo, PRG-68 en Viascón, cunha lonxitude aproximada de 19 km.

O río Lerez que cruza todo o concello, é un dos lugares de especial atención debido a que está dentro da Rede Natura 2000, para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos seus hábitats naturais e da súa fauna e flora silvestre. Destas especies podemos resaltar a lontra, o morcego, a papuxa montesa ou o picanzo vermello.

LIC Río Lérez + Atributario Ó Castro:

CÓDIGO ES1140002. Lugar de Importancia Comunitaria pola Directiva 92/43/CEE en referencia a “Rede Natura 2000” europea.

O medio fluvial é o valor ambiental máis sobresaínte no municipio grazas á conservación de formacións forestais autóctonas, o bosque de ribeira. Os bosques de ribeira compostos por amieiros e freixos, carballos e construcións tradicionais de muíños e pontes, son responsábeis da beleza paisaxística dos cursos fluviais. Os afeccionados á pesca ven nas súas augas unha oportunidade de gozo.

Os coutos localizados no río Lérez, dende o Muíño de Penedo ate a desembocadura do Regato de Quireza, e o río Castro, dende os Pasos de Arén ate a unión co Lérez; avituallan de troitas a quen queira achegarse. E un rosario de muíños agarda a presenza de curiosos

LIC Serra do Cando

CÓDIGO ES1140014. Lugar de Importancia Comunitaria pola Directiva 92/43/CEE en referencia a “Rede Natura 2000” europea.

Óptimo punto de observación paisaxística e de práctica do deporte grazas a GaliciaParapente situada na ladeira do Monte do Seixo. Cunha extensión de 5.458 hectáreas, a Serra do Cando é cabeceira dos tributarios do río LérezCastro e Seixo. O Outeiro do Coto é o cumio máis alto, elevándose a 1.014m

Carballeira

Paisaxe forestal clásica galega. Trátase de bosques de folla caduca nos que é posíbel apreciar a dominancia do carballo, sobre o castiñeiro e o bidueiro.

Na zona baixa e húmida, un sotobosque de arandeiras e abeleiras enriquece a frondosidade das formacións arbóreas.

EnCerdedodestacan a Carballeira de Mouteira na parroquia de Parada, a Carballeira de O Garrido e a Carballeira de Pedre na parroquia de Pedre, a Carballeira do Retortoiro entre as parroquias de Quireza e Tomonde, e a Carballeira de O Sancal na parroquia de Cerdedo.

En Cotobade destacan entre outras a Carballeira de San Xusto na parroquia de San Xurxo de Sacos, a Carballeira de Famelga  na parroquia de Agusantas, a Carballeira de Pozo Negro na parroquia de Rebordelo.