Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Xuventude

Xuventude – OMIX

O Concello de Cerdedo-Cotobade dispón de dúas Oficinas Municipáis de Información Xuvenil que forman parte da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

OBXECTIVOS
  • A OMIX presta un servizo de información e asesoramento sobre aqueles recursos dispoñibles en materia de xuventude ós xóvenes do concello e o mesmo tempo intenta atender as inquietudes e demandas deles.

¿ÓNDE ESTAMOS?

  • No edificio do Centro Cultural Cerdedo
    Rúa das Longas, 12 -36130 Cerdedo-Cotobade
    Tel. 986753006//986753125
    culturacerdedo@cerdedo-cotobade.gal

  • Chan, 11 Carballedo-36856 Cerdedo-Cotobade
    Tel. 986760001, ext. 3
    omix@cerdedo-cotobade.gal

ACTIVIDADE
  • Orientación en materia de estudos e formación (ciclos FP, universidade,…), cursos, becas, axudas.
  • Difusión sobre actividades e ofertas de carácter cultural, deportivo, social, educativo.
  • Acceso ás novas tecnoloxías. Temos a disposición dos usuarios, equipos informáticos con internet gratuito e un punto de acceso wifi.

¿QUÉ É?

Unha tarxeta persoal e intrasferibel a disposición dos xóvenes galegos, que os acredita como tal, e coa que se poden obter deescontos e ventaxas das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ó programa de Carné Xoven, salvo excepcións propias de cada comunidade ou país.

¿Quén pode ser beneficiario/a?

Todos os xóvenes con idades entre 12 e30 anos, ambos inclusive.

¿Cal é sua vixencia?

A vixencia é de dous anos a partir da data de expedición (sempre sen superar os 30 anos).

¿Qué hai que facer?

Cubrir un impreso de solicitude, acreditando tua identidade con DNI ou pasaporte.

Prezo:

6€ (Os xóvenes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33%, terán dereito  á expedición gratuita de este carné). Ten unha vixencia de 2 anos.

¿Ónde o podo facer?

Oficinas OMIX do Concello de Cerdedo-Cotobade .

Descarga aquí a  folla de inscripción (pdf)

¿QUÉ É?

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Empleo Xuvenil que, tras un proceso de diálogo e participación cos Interlocutores Sociais, articúlase para dar resposta á situación laboral na que se encontran moitos xóvenes en Galicia.

Contempla actuacións para mellorar a empleabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a situación dentro do mercado de traballo.

¿Cal é  o obxectivo?

É un programa dirixido a todos os xóvenes con idades entre 16 e 29 anos a través do cal pretendemos garantir a igualdade de oportunidades no mercado laboral. Tamén búscase ofrecer experiencia laboral, formación ou cursos de idiomas e TIC.

¿Cómo inscribirse?

Dende o concello xestionamos a túa clave (usuario/contrasinal) para que solicites túa inscrición no sistema de Garantía Xuvenil. Tamén lle informamos sobre as vantaxes da Garantía Xuvenil e axudámosche a cubrir a solicitude de inscrición.

¿Ónde facelo?

Na sede de Carballedo, na oficina de información xuvenil.

WEBS RELACIONADAS