Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Parroquias

Cerdedo – Cotobade conta cunha poboación total de 6.160 hab., que se reparten nas vinteunha parroquias correspondentes, sendo S. Miguel de Carballedo a capital municipal.

As parroquias que forman o concello son:

  • A parroquia de Aguasantas localízase no sur de Cerdedo-Cotobade, e limita con Ponte Caldelas e A Lama.
  • Segundo o INE do 2015, Aguasantas conta con 289 habitantes repartidos polas 28 entidades de poboación, das cales 17 están habitadas: O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campodanta, O Casal, Ceraxe, A Coutada, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, O Regueiro, Sucastro e O Trebello.

  • A parroquia de Almofrei localízase no sur do concello de Cerdedo-Cotobade, e limita coa parroquia de Ponte Bora, pertencente a Pontevedra.
  • Conta con 257 habitantes (segundo o INE  do 2015) distribuídos en nove entidades de poboación que son: Os Agriños, A Arrotea, As Cachopeiras, A Costa do Outeriño, A Fontenova, A Grosa, Outeiro Redondo, A Pombeira e a Xesteira.

  • Esta parroquia, localízase no sur do concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Ponte Caldelas.
  • Ten unha población de 393 habitantes (segundo o INE do 2015). Dos seus once lugares, nove están habitados: A Aldea de Abaixo, A Brea, A Cavada, A Costa, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela e A Senra.

  • A parroquia de Carballedo localízase no centro do concello, situándose a súa capitalidade no lugar de A Chan.
  • Ten 333 habitantes (segundo o INE do 2015) distribuídos en catorce entidades de poboación, das cales once están habitadas: O Berberote, A Braña, A Chan, O Comareiro, A Cuqueira, Doade, A Espeiriña, A Igrexa, A Lomba, Paraños, Pazos, Silvela, Sión e Trabazo.

  • Caroi localízase no centro do municipio de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei e A Lama.
  • Conta con 132 habitantes (segundo o INE do 2015) divídense en once entidades de poboación: A Bouza do Home, Bouzas, A Cima de Vila, A Costa, O Coto, A Eirexe, Fraguas, A Graña, A Laxa, Medelo e O Porto.

  • Castro localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Campo Lameiro.
  • Conta con 126 habitantes (segundo o INE do 2015) e os lugares que pertencen á parroquia de Santa Baia de Castro son: Bugarín, Castro do Cabo, Castro do Medio e Filgueira.

  • Cerdedo localízase no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade,  e limita con Forcarei.
  • Conta con 668 habitantes (segundo o INE do 2015) e os lugares que pertencen á parroquia de SanXoán  de Cerdedo son: Abelaíndo, Arén, San Bernabé, Barro, Biduído, Cabenca, Carballás, Cavadosa, Cerdedo, Cernados, Chamadoira, O Coteliño, Limeres, Lourido, Meilide e Revolta.

  • Corredoira localízase no centro do concello de Cerdedo-Cotobade.
  • Conta con 127 habitantes (segundo o INE do 2015). Componse de dez entidades de poboación: A Anta, O Carballal, O Casal, O Lombiño, O Meixoeiro, O Outeiro, A Pedra Picada, As Pozas, A Redonda e O Val

  • Figueroa localízase no norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei.
  • Conta con 157 habitantes (segundo o INE do 2015) e os lugares que pertencen á parroquia de San Martiño de Figueroa son: Deán, Figueroa, Loureiro, San Martiño e Vilar.
  • “Ficariola” topónimo en referencia á “figueira, árbol que dá o figo”, é moi común na zona. A Capela de Santa Lucía, no lugar de Loureiro, e o seu cruceiro, alzanse nun espazo illado anegado de vexetación. Punto concéntrico dos cinco lugares que constitúen a feligresía. A imaxen da Piedad, sobre a porta de madeira, preside a entrada ó templo.

  • Folgoso localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei.
  • Conta con 144 habitantes (segundo o INE do 2015) e os lugares que pertencen á parroquia de Santa María de Folgoso son: Cachofés, O Casal, Covas, A Esbarrela, Outeiro, Quinta e Vilariño.
  • “Filicosus, lugar poboado de fentos” é a orixe do topónimo Folgoso.

  • Santiago de Loureiro, localízase no sur do concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con A Lama.
  • Conta con 151habitantes (según o INE do 2015) que están distribuídos en dez entidades de poboación: O Batán, O Beseiro, A Chan, A Costa, O Frade, O Igrexario, Insuela, O Pereiral, O Piornal, Ribalta e A Vilalén.

  • Parada localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Forcarei.
  • Conta con 44O habitantes (segundo o INE do 2015), e os lugares que pertencen á parroquia de San Pedro de Parada son: Framil, Insua, Mouteira e Parada.
  • Parada deriva do latín “MansioParata”. Topónimo empregado nos camiños galegos no lugar onde se cobrabaa “parata – tributo”.
  • A freguesía, círculo de catro grupos de casas concéntricas, é terra de tecedeiras, as mulleres que tecen o liño. O castro no que se erguea Capela da Nosa Señora do Pego e o cruceiro, no lugar de Insua, é mostra do sobranceiro patrimonio arqueolóxico e paisaxístico grazas á abundancia de carballos e castiñeiros. Entre ameneiros, abeleiras e amendoeiras, álzase sobre o río Lérez, a Ponte Nova do Pego. A Ponte vella do Pego, feita de pedra e madeira, salvaba o PozoNegro e os seus tesouros.

  • Pedre localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Campo Lameiro.
  • Conta con 162 habitantes (segundo o INE do 2015), e os lugares que pertencen á parroquia de Santo Estevo de Pedre son: Pedre, Serrapioe Vichocuntín.
  • Os doce canastros da Eira Grande, no lugar de Pedre, onde se atopa o cemiterio, a Igrexa  Parroquial de Santo Estevo de Pedre do s. XVII – XIX, o peto de ánimas na Honra da Virxe do Carme, a Reitoral, e o viacrucis; é boa mostra do patrimonio histórico – cultural. Na confluencia do ríoLérez co seu tributario o río Quireza, e reconstruída no s. XIV conservando tres arcos e un cruceiro de finais do s. XII, a Ponte Romana de Pedre. Asóciase a unha calzada romana empregada coma ruta de peregrinación a Santiago de Compostela.
  • Unha calzada pétrea une a Ponte Romana de Pedre coveciño Serrapio. A Capela de San Lourenzo no cumio do outeiro agarda impasible dende o s. XVIII. De estilo barroco, a carón da  ermida álzase o pombal e os restos dun viacrucis.
  • O fantasmagórico lugar de Vichocuntín resiste no tempo. Obra dos canteiros da zona é a  Ponte de Vichocuntín eo peto de ánimas.

  • Quireza localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con A Estrada e con Forcarei.
  • Conta con 360 habitantes (segundo o INE do 2015), e os lugares que pertencen á parroquia de San Tomé de Quireza son: Cuíña, Os Castros, Fondós, Laxoso, Mamoalba, O Outeiro, Piñeiro, Tres aldeas e Vilarchán.
  • Xosé Sanmartín Sobrino na obra “Un país chamado A Estrada”, escribe sobre a procedencia do topónimo Quireza; do latín “quirites/quiritium” o equivalente a dicir “romano” ou “cidadán”.

  • San Martiño de Rebordelo está situada no sur do Concello de Cerdedo-Cotobade, distinguíndose nela oito entidades de poboación: O Facho, As Lagoas, Os Lourenzos, Os Martices, O Pozo Negro, O Quinteiro de Abaixo, O Quinteiro de Arriba e o Salgueiro.
  • Conta con 145 habitantes ( segundo o INE do 2015).

  • San Xurxo de Sacos está situada no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade e limita con Campo Lameiro. Está dividida en dez entidades de poboación: Barbeitos, Calva da Viña, Cuspedriños, Cutián, Fentáns, Fontán, Lombo do Muíño, A Longa, O Outeiro, e San Xurxo, e conta con 519 habitantes (segundo o INE de 2015).

  • Santa María de Sacos localízase no centro  do Concello de Cerdedo-Cotobade. Conta con 244 habitantes (segundo o INE do 2015). Distínguense catro entidades de poboación: O Cádavo, Dorna, Vila de Abaixo e Vila de Arriba.

  • Tomonde localízase ao norte do Concello de Cerdedo-Cotobade e limita con Forcarei e A Estrada.
  • Conta con 167 habitantes (segundo o INE do 2015), e os lugares que pertencen á parroquia de Santa Mariña de Tomonde son: Barbeira, A Devesa, Fraguas, Tomonde e Vilalén.

  • Tenorio está situado ao sur do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita coa parroquia pontevedresa de Ponte Bora.
  • O río Lérez bordea a parroquia, servindo como fronteira coa parroquia de San Andrés de Xeve de Pontevedra, polo oeste.
  • Ten unha poboación de 1168 habitantes (segundo o INE do 2015) polo que é a parroquia máis poboada de todo o municipio. Dista uns oito kilómetros de Pontevedra, capital coa que se comunica pola estrada N-541.
  • A parroquia conta con trece entidades de poboación: Barro, Calvelo, O Castro, Covas, A Laxe, Lérez, Parada, Rascadería, O Río, Tenorio, A Torre Vella, Tralasmós, Vilanova e Zamar.

  • A parroquia de Santo André de Valongo localízase no sur do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con A Lama.
  • Conta con 116 habitantes (segundo o INE do 2015), que están distribuídos en once entidades de poboación: O Campo da Ferreira, O Campo, A Casanova, A Cerdeiriña, Chielas, O Igrexario, O Outeiro do Forno, As Penizas, O Quinteiro, Rañas e O Regueiro.
  • Nesta localidade celébrase no 1º fin de semán de setembro, a Festa da Filloa, producto que se elabora no trebello tradicional de ferro, e que dende hai uns anos ten unha gran sona.

  • Viascón localízase no centro  do Concello de Cerdedo-Cotobade, e limita con Campo Lameiro.
  • Conta con 458 habitantes (segundo o INE do 2015) que están distribuídos en once entidades de poboación: A Atalaya, A Bouza, Cabanelas, O Camiño Novo, O Castro, A Costa, A Costiña, Cuíñas, O Mallo, Quintán e O Valiño.