Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Xuntos polo Nadal 2018

Concello de Cerdedo-Cotobade informa que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pon en marcha o programa XUNTOS POLO NADAL 2018, co que pretende que as persoas maiores que se atopen soas  nestas datas poidan gozar duns días de vacacións coa posibilidade de compartir estas festas nun clima de convivencia e participación, polo que este Concello sumarase a esta iniciativa tan interesante para os nosos maiores.

Este programa vaise desenvolver na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense, nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2018 e o 7 de xaneiro de 2019.

REQUISITOS:

  • Ter mais de 60 anos
  • Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no eu domicilio
  • Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello antes do 15 de novembro de 2018.

 

Compartir
22 Outubro, 2018