Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Unha publicación nacional publica un artigo sobre as iniciativas medioambientais de Cerdedo

O boletín informativo da organización COMPOSTA EN RED publica un artígo sobre os últimos proxectos en materia de medio ambiente postos en marcha polo Concello de Cerdedo.

COMPOSTA EN RED é a coordinadora da rede estatal formada por concellos de España que levan a cabo proxectos e iniciativas de compostaxe. A Rede fórmase para dar impulso, fomentar e promocionar políticas públicas para a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o importante papel que estas poden desempeñar na redución dos residuos orgánicos.

O boletín informativo do mes de Xullo publica un artigo sobre os proxectos que está a poñer en marcha a Oficina Municipal de Medioambiente do Concello. Resaltan o proxecto de compostaxe doméstico posto en marcha este ano no que participarán 150 vivendas e que está cofinanciado polo plan PIMA do MAGRAMA. O proxecto, baixo o lema “Dalle ao REC” e cunha duración de dous anos, ten como obxectivo a redución dos restos orgánicos (comida) e restos vexetais e de poda no contedor xenérico e conseguir así importantes aforros tanto medioambientales como económicos.

O proxecto consiste no reparto de distintos materiais, entre eles un composteiro, ás vivendas dos núcleos seleccionados a participar (75 familias cada ano); formación aos veciños e seguimento para comprobar o correcto funcionamento e obter os resultados buscados.

materiales proyecto

Outro dos proxectos que resalta o artigo é o novo servizo de recollida de restos vexetais e trituración. O Concello vai a poñer en marcha un servizo porta a porta dunha biotrituradora previa solicitude do usaurio nas épocas de poda para triturar os restos de poda. O obxectivo deste servizo é evitar que os restos vexetais e de poda sexan depositados no contedor de lixo ou evitar a queima dos mesmos. O Concello así aposta por unha xestión más sustentable e reduce as emisións de CO2 e contribúe a loita contra o cambio climático.

Por último, resaltan a aposta do Concello por tecnoloxías de depuración non convencionaismáis asumibles por parte dun pequeno municipio, non só desde o punto de vista do custo de investimento, senón tamén, e o que é máis importante, máis respectuoso coa protección do medioambiente. O Concello elaborou un proxecto de melloras dos sistemas de depuración municipais que vai ser financiado por Augas de Galicia, no que  a aposta do Concello serán os “Humidais artificiais subsuperficias“. Basicamente, os humidais artificiais reproducen, de maneira controlada, os procesos de depuración que ocorren normalmente nos humidais naturais. Supoñen unha moi boa integración na contorna e permiten mesmo a creación de zonas húmidas con elevado valor ambiental. É un sistema totalmente natural e sen adición de produtos químicos de maneira habitual, producindo moi poucos lodos, o cal abarata a xestión. O seu mantemento é moi escaso, sen dependencia tecnolóxica e reducíndose a comprobacións periódicas. Non xera cheiros nin insectos xa que a auga circula polo interior do humidal.

Aínda que moitos ao principio poden velo como unha tecnoloxía simple xa que apenas conta con obra civil, o certo é que é unha tecnoloxía que se probou con éxito xa para depurar augas industriais e que en Europa ou EEUU levan apostando por eles desde fai máis dunha década. 

 

Máis información sobre o proxecto de compostaxe doméstico, prema aquí.

Máis información do servizo de recollida de poda e trituración, aquí.

Descargar o artigo de COMPOSTA EN RED, aquí.

Compartir
19 Maio, 2017