Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

TURISMO IMSERSO

O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que o Instituto de Migracións e Servizos Sociais (IMSERSO), abriu o prazo de inscrición para reserva de viaxes destinados a Terceira Idade. Todos os interesados deberán presentar unha solicitude de vacacións 3º idade no departamento de Servizos sociais do
Concello.
Os requisitos para acceder a este viaxe son:
1. Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de Pensións.
2. Ser pensionista de viudedade e ter 55 anos cumpridos.
3. Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de
desempleo, en todos os casos, con 60 anos cumpridos.
4. Ser titular ou beneficiario do sistema de Seguridade Social con 65 anos cumpridos.
Poderán participar o conxuxe ou parella de feito sen necesidade de que reúna os requisitos da
idade ou da pensión.
Prazos: Ata o 13 de xuño para os primeiros días de setembro, a partir do 14 de xuño para os
primeiros días de outubro e para o resto da tempada ata finalizar o prazo establecido.
Os destinos das viaxes son os seguintes:
ZONA COSTERA PENINSULAR: Andalucía, Cataluña, Comunidad Valenciana e Murcia
ZONA COSTERA INSULAR: Canarias e Illas Baleares
TURISMO INTERIOR: Coas seguintes actividades.
• Circuitos Culturais
• Turismo de Natureza
• Viaxes a Capitais de Provincia
• Viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Unha vez concedida a praza polo IMSERSO o interesado xestionará a praza ca axencia de viaxes
correspondente.
Para máis información contacte cos servizos sociais deste Concello.

Solicitude Turismo social imserso

Compartir
23 Maio, 2018