Tratamento para a avespiña do castiñeiro no ano 2020

A Xunta de Galicia acaba de iniciar un proceso de loita contra as pragas do castiñeiro. Vai actuar sobre a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), que afecta sobre todo ás follas destas árbores, mediante a solta controlada de parasitos desta especie de insecto. Dado que xa se detectou a súa presenza no noso concello, Cerdedo-Cotobade está incluído no tratamento experimental da Xunta cara a controlar a praga.

QUE NON O ENGANEN, ACTUALMENTE A SOLTA DO PARÁSITO QUE LOITA CONTRA A AVESPIÑA NON PODE REALIZARSE DE MODO PARTICULAR, SO ESTÁ AUTORIZADA A ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA!
Se detectas a presenza da praga, cubre esta SOLICITUDE, e  solicita o tratamento. As solicitudes poderán presentarse nos lugares habituais (xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, servizos provinciais de Montes, oficinas dos distritos forestais, oficinas agrarias comarcais), ou no enderezo electrónico sanidadeforestal.cmrm@xunta.gal
Servizo de Montes de Pontevedra nos teléfonos 986.80.54.08 / 986.80.54.11 ou cos distristos forestais do noso concello:
Parroquias de Cerdedo: Distrito XVI DEZA – TABEIROS. Teléfonos: 886 159 278 – 886 159 280
Parroquias de Cotobade: Distrito XIX Pontevedra. Teléfonos: 886 159 587 – 886 159 588