Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Termalismo Xunta de Galicia

O Departamento de Servizos Sociais informa que por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, abríuse o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE PRAZAS DE BALNEARIOS DO PROGRAMA “BENESTAR EN BALNEARIOS 2018”

Os requisitos para acceder a este programa son:

1.- SER MAIOR DE 60 ANOS OU PENSIONISTAS MAIOR DE 55.

2.- RESIDIR NA COMUNIDADE AUTÓNOMA.

3.- NON PADECER TRASTORNOS MENTAIS GRAVES NIN ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA.

4.- PODER VALERSE POR SI MESMO PARA AS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA.

5.- PRECISAR OS TRATAMENTOS BALNEOTERÁPICOS SOLICITADOS E CARECER DE CONTRAINDICACIÓN MÉDICA

Poderán ser beneficiarios os cónxuxes das persoas que cumpran os requisitos anteriores.

 

Balnearios ofertados con estancias de 10 días con tratamento termal, aloxamento e manutención: Balneario de Acuña (Caldas de Reis), Caldaria Termal slu Arnoia (Arnoia), Hotel balneario Augas Santas slu (Ferreira de Pantón), Baños de Brea (Vila de Cruces), Balneario de Molgas sl (Baños de Molgas), Balneario de Caldelas sl (Tui), Gran Balneario do Carballiño (Residencia de Tempo libre o Carballiño), Baños Vellos de Carballo sa (Carballo), Termas de Cuntis (Hotel Castro do Balneario), Caldaria Termal Laias (Cenlle), Caldaria Termal Lobios (Hotel Lusitano), Balneario río Pambre (Palas de Rei), Balneario Termas de Lugo (Lugo).

Prazo presentación de solicitudes

  • para as quendas dos meses de maio e xuño ata o día 15 de maio
  • para as quendas dos meses de xullo a outubro ata o día 30 de maio

Para maior información poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello, onde se lles ampliará a información das datas, prezos e número de prazas existentes.

Solicitude

Compartir
17 Abril, 2018