Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Taller de manualidades para maiores

Cruz Roja en colaboración co Concello de Cerdedo-Cotobade vai iniciar un taller de manualidades dirixido a todas as persoas maiores de 65 anos do noso Concello, coa fin de mellorar o funcionamento das súas capacidades cognitivas.

A actividade realizarase do 6 de marzo ata o 24 de abril. Impartirase todos os martes de 17:00 h a 18:00 h no Centro Cultural de Cerdedo.

Mais información e inscricións no Departamento de Servizos Sociais da Sede de Cerdedo.

Compartir
28 Febreiro, 2018