Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Ruta BTT de Carballedo

Lonxitude aproximada: 27 kms
Dificultade: Media. Ruta fácil por tramos, pero bastante complicada noutro, pola presenza de moita pedra, en zonas removidas polo paso das empresas madereiras.
Duración aproximada: 3-3´5 horas.
Cómo chegar: Pola N- 541 (Pontevedra-Ourense), dende Pontevedra ata Ponte Bora dende onde parte
unha carretera a Carballdo (12 kms). Se se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos xa se pode tomar un desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 kms do cruce da N-541.

(clic na imaxe para ampliar)

Percorrido: 
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, no pequeno estacionamento detrás do concello, xunto á caixa de aforros. Tras pasala capela de San Roque, comenza a nosa aventura circulando por pistas cómodas no entorno de Carballedo hacia o lugar de Paraños. Despois de atravesar o lugar, tómase a carretera PO-232 hacia Cuspedriños durante un par de kilómetros, ata que nos saímos pola dereita á pista ancha coincidindo así con parte do trazado da ruta irmán de BTT Viascón.

A pista gaña altitude con rapidez e continuamos pola extensa pista principal o que nos abre boas perspectivas panorámicas dos arredores. Rodamos un longo tramo serpenteando polos estribacións do Monte Arcela ata alcanzar un tramo de asfalto que nos acerca á parroquia de Vila de Arriba, o lugar de O Agro concretamente.
Dende alí, frente á entrada dunhas casas, tomanos unha pista que primeiro descende un pouco, e logo ascende con ganas ao Coto do Ceo, e o agravante de que , entre o paso dos vehículos das madereiras e os temporais, hai moita pedra solta e de bon tamaño.

Cruzamos o Regueiro da Freixa, e o Canceliño, nun corto prazo unha vez chegados a zona máis chan, pero coidado neste último que o rudimentario pontón que o salvaba está roto por zonas . Máis adiante atravesamos unha valla xunto á caseta de pastor para chegar a unha pista de asfalto. A sinal indícanos dereita, pero antes tomamos ao contrario a derivación á moi cercana Capela do Santo Anxo da Guarda, no lugar de O Cádavo

Volvemos sobre as nosas rodadas o corto tramo derivado, e seguimos pola pista pavimentada de gravilla durante uns dous kms, e a esquerda tomamos a derivación para subir ao mirador do Monte Coirego, ben sinalizada.

Realizada a visita, damos marcha atrás ata a pista asfaltada, que temos que cruzar para entrar na ancha pista de terra ben visible ao outro lado. Temos un treito longo, por esta pista sinxela que bordea o Monte Albagueira ata unha explanada aberta na que deixamos a pista principal para baixar unha trialera ata o lugar de Ponte Acibal. Aquí pódenos surxir algunha duda, pois xunto aos abrevaderos hai sinal de confirmación pero a zona por onde iba a pista foi roturada e o certo é que hai que facer un tramo a ollo pois non hai rodeiras nin marcas claras da pista.

As árbores solitarias ao frente e á esquerda pódennos servir como referencia e, ao chegar á zanxa que corta todo o prado, xa vemos por onde está o único paso posible. Nada máis salvar a zanja, sigue a pista entre arbusto baixo, pouco visible pois apenas está pisada, inda que uns metros, adiante hai unha confirmación de ruta que nos da tranquilidade e ao pouco, o chan de herba vese transformado claramente na antiga calzada de pedra plana que foi.

A calzada serpentea, e logo descende ofrecéndonos boas vistas da parroquia de Carballedo (S. Miguel), dende o Mirador da Fonte da Ecua. Ao terminar a calzada, chégase a un cruce que de frente acercaríanos ao visible Muíño da Igrexa, inda que a ruta continúa pola dereita ata enlazar coa carretera de Caroi. De alí só resta baixar ao Centro BTT de Carballedo tras un par de cruces e a nosa ruta chegará a súa conclusión.