Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Bolsa Emprego Municipal

A principal labor da Bolsa de Emprego Municipal é a creación dunha base de datos de persoas que demandan emprego.

Nela pode inscribirse calquera persoa empadroada en Cerdedo-Cotobade, en idade laboral e que esté buscando emprego, por estar desempregada ou porque sendo traballador en activo queira mellorar a súa condición laboral.

Tratase dun servizo de balde e o Concello dende este servizo actúa de mediador entre a oferta e a demanda de emprego, non sendo responsable das relacións contractuais resultantes destas.

A través da Bolsa de Emprego organizaranse obradoiros de orientación laboral para axudar ó demandante de emprego a preparar o seu currículum ou a afrontar unha entrevista de traballo. Ademais, o empresario pode recibir asesoría respecto a subvencións, bonificacións por creación de postos de traballo ou por contratacións de traballadores de determinados colectivos ou outras informacións que precise.

DEMANDANTES DE EMPREGO:

Requisitos para poder inscribirse na Bolsa de Emprego:

  • Persoas maiores de 18 anos.
  • Estar empadroados no Concello de Cerdedo.

As persoas interesadas en estar incluídas na Bolsa de Emprego deberán encher unha solicitude de inscrición, e entregala nas oficinas municipais, xunto cunha fotocopia do D.N.I.e a vida laboral. Ademáis poden adxuntar o curriculum vitae da oficina de emprego de Pontevedra si o queren.

O período de validez dos datos é dun ano, ó termo dos cales se dará de baixa o usuario na Base de Datos. O usuario interesado en manter a continuidade da súa ficha dentro do servizo deberá indicalo na Axencia de Emprego. De igual xeito, deben notificarse a Axencia calquera variación nos datos recollidos na ficha do usuario.

OFERTAS DE EMPREGO

Requisitos para as empresas que queiran solicitar candidatos:

  • Cubir o modelo de solicitude de candidatos, indicando o perfil solicitado, e remitila por e-mail, fax ou persoalmente na Bolsa de Emprego Municipal. (Descargar aquí)
  • A empresa deberá notificar o resultado do proceso de selección.

¡Ofertas de Emprego!

Publica ou consulta as ofertas de emprego actuáis

¿CÓMO FUNCIONA A BOLSA DE EMPREGO?
1- Crease unha base de datos coas persoas demandantes de emprego e outra coas empresas que oferten postos de traballo.

2- As persoas interesadas en estar incluídas na Bolsa de Emprego cubren a solicitude de inscrición e posteriormente se lles realiza unha entrevista ocupacional fixada pola Axencia de Emprego Municipal co fin de identificar o seu perfil profesional.

3- O servizo a empresas comeza cando se poñen en contacto coa Bolsa de Emprego Municipal para comunicarlle a oferta de emprego.

4- Unha vez recibida a oferta se realiza a búsqueda de candidatos aptos para o posto de entre os solicitantes da bolsa, dende a Axencia de Emprego nos poñemos en contacto cos preseleccionados para informarlles da oferta e das súascondicións. Se están interesados, dende a Axencia se remiten os Currículums á empresa solicitante, quén se encargará a partir de entonces de seleccionar ó seu futuro traballador.

FORMULARIO DESEMPLEADOS

Seu nombre

Seu Email

CV en PDF (Máx. 20MB)

Mensaxe adicional

Leín e acepto a Política de privacidade