Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Prestación por fillos menores de tres anos

 

O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que a Consellería de Política Social abriu un novo prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2018.
REQUISITOS DE ACCESO:
1.- Residir na Comunidade Autónoma galega.
2.- Que os fillos/as teñan menos de tres anos, é decir nacidos entre o 02.01.2015 e
o 01.01.2018 incluidos.
3.- Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
4.- Que ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presentar a declaración da renda, nin a tiñan presentado de xeito voluntario.
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 20 de marzo do 2018. As solicitudes poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello de Cerdedo-Cotobade ou no rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
DOCUMENTACION:
1.- Solicitude e anexos según modelo oficial
2.- Fotocopia do libro de familia.
3.- Certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar.
4.- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
5.- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución judicial ou administrativa que a declare.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Solicitude e anexos

Compartir
31 Xaneiro, 2018