Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos

A Consellería de Política Social abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS  A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.

       REQUISITOS DE ACCESO:

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
  • Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.
  • Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Comezará o 4 de abril e rematará o 27 de maio de 2019 (ambos os dous incluidos)

 As solicitudes poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello de Cerdedo-Cotobade ou Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social. Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

DOCUMENTACION:

1.- Solicitude e anexos según modelo oficial

2.- Fotocopia do libro de familia.

3.- Certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar.

4.- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.

5.- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución judicial ou administrativa que a declare.

 

Compartir
10 Abril, 2019