Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS ZONA VERDE EL/ZV-30

 

 

 

PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS PARA A ORDENACIÓN DA ZONA VERDE EL/ZV-30

 

 

OFICINA DE ARQUITECTURA URBANISMO Y PLANIFICACIÓN SLP

 

O Concello de Cerdedo-Cotobade, adxudicou a redacción dun plan especial de infraestruturas e dotacións coa finalidade de ordenar o sistema de espazos libres públicos denominado EL-ZV-30 no PXOM de Cerdedo, con cargo ao Plan Concellos 2021.Liña 1- investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Os obxectivos deste Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións é dar resposta ás necesidades municipais plantéxandose os seguintes obxectivos para o desenvolvemento do EL-ZV-30:

  • Mellora dos accesos e da relación da área co núcleo de Cerdedo e por extensión co resto do termo municipal a través das vías de comunicación que conflúen na capital municipal.
  • Previsión de infraestruturas axeitadas, entre as que se inclúen servizos urbanísticos axeitados e aparcamentos.
  • Ampliación da área de baño e de ocio existente.
  • Creación de espazos para o deporte ó aire libre.
  • Creación de espazos públicos naturalizados para o descanso a e práctica de hábitos saudables (sendas e bosques).
  • Integración do arborado existente que presente especiais valores.
  • Creación de espazos para actividades organizadas con asistencia de público.
  • Creación de focos de atracción para viaxeiros de fóra do concello coa execución de áreas para autocaravanas.
  • Respecto ós espazos naturais protexidos, tentando a súa conservación en estado natural pero integrándoos na ordenación.
  • Mantemento en estado natural das zonas que máis alá dos espazos protexidos, presenten especiais valores medioambientais ou paisaxísticos.
  • Integración pasaxística do conxunto no contorno procurando o mínimo impacto visual.

 

O plan especial de dotacións está enmarcado dentro do desenvolvemento das actuacións previstas polo plan xeral de ordenación municipal, sendo necesaria a súa redacción coa finalidade de concretar as actuacións a levar a cabo, co máximo respecto ó medio natural e á paisaxe, desenvolvendo ademais unha secuencia de execución temporal lóxica e viable.

 

Segundo o indicado no artigo 85 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, a aprobación do plan xeral implica a declaración de utilidade pública para as actuación nel contempladas.

 

O desenvolvemento deste plan especial, aínda que non contemplado no PXOM, supón facer viable a execución das actuacións contempladas, motivo polo cal o seu desenvolvemento leva implícito o interese público.

Compartir
6 Agosto, 2021