Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Plan de reciclaxe de aceite usado de cociña

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de activar un completo plan para impulsar o reciclaxe de aceite usado de cociña que ten como eixo central a instalación de 13 contedores específicos espallados polos principais puntos poboacionais do municipio co obxectivo de facilitar o axeitado depósito deste residuo aos veciños.

A localización dos 13 contedores responde a razóns técnicas da viabilidade funcional e económica do sistema de recollida. Hai dous no centro urbano de Cerdedo e un no aparcadoiro da igrexa de Quireza, A Longa (San Xurxo), Quintán ( Viascón), colexio de Tenorio, local social de Tenorio, Vilanova, praza da igrexa de Almofrei, praza de Borela, A Chan (Carballedo), zona do bar de Valongo e no campo da festa de Augasantas.

Co obxectivo de reducir o impacto sobre o medio ambiente da xestión inadecuada de certos residuos xerados no ámbito doméstico, o concello presentou á convocatoria de axudas PIMA Residuos 2017 un proxecto para implantar un servizo piloto de recollida separada de aceite vexetal usado e destinalo ao seu aproveitamento enerxético coa fabricación de biodiesel. Estas axudas son unha oportunidade de cumprir por unha banda coa recollida separada dun residuo contaminante e á vez valioso como recurso enerxético e por outra banda, traballar na vertente social colaborando con empresas de economía social que xeren un impacto positivo en colectivos de risco de exclusión social.

O Concello colaborará coa empresa de inserción laboral Compostela Inserta a cal se encargará a través da contratación de persoas en risco de exclusión social da recollida do aceite depositado nos contedores. Os beneficios obtidos do aceite recollido irán destinados para favorecer a integración e emprego deste colectivo social.

Para saber máis sobre a campaña de recollida de aceite usado, nesta páxina web, na área municipal de medio ambiente, poderás atopar toda a información. Prema na seguinte imaxe.

Compartir
21 Febreiro, 2018