PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXIA SOSTIBLE
PACES DO CONCELLO DE CERDEDO COTOBADE
A Comisión Europea lanzou o Pacto dos Alcaldes para o clima e a enerxúa sustentable (Covenant of Mayors for Climate & Energy) para reunir aos alcaldes das cidades europeas que asuman compromisos para reducir as emisións de CO2, mellorar a eficiencia enerxética e unha mellor adaptación ao cambio climático.
O Concello de Cerdedo-Cotobade adheriuse a esta iniciativa europea, Pacto dos Alcaldes, adquirindo asi, o compromiso de reducir os gases de efecto invernadoiro ao menos un 40% para o ano 2030. Para conseguilo, o concello se comprometeu a articular un plan que potencie, por un lado, a mitigación, e, por outra banda, que fomente a adaptación ao cambio climático do noso territorio.
O 3 de febreiro de 2021, o alcalde do concello, Jorge Cubela Lopez, asinou o compromiso a elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía (PACES) nun prazo máximo de dous anos, tras a sinatura de adhesión ao pacto. O PACES marcará a folla de ruta a seguir polo Concello en materia de enerxía e cambio climático e recollerá as medidas necesarias para levar a cabo os obxectivos de mitigación e adaptación.
O Plan de Acción para o Clima e a Enerxía (PACES) de Cerdedo-Cotobade é un instrumento da administración local encamiñado a:
–> Elaborar un inventario de emisións do concello de Cerdedo-Cotobade, para os efectos de obter un diagnóstico de referencia das emisións de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro) resultantes do consumo de enerxía.
–> Definir accións de minimización con fin de aumentar a eficiencia enerxética e diminuír o consumo de enerxía no concello, e, por conseguinte, que procuren diminuír as emisións de GEI e melloren a calidade do aire do territorio.
Co PACES en marcha, o goberno local do concello ten o compromiso e meta de reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030, tomando como ano de referencia o 2011.
O documento do PACES aprobouse polo pleno municipal o 25 de Novembro de 2021 e estará a disposición pública na páxina web europea do Pacto das Alcaldías. O estudo enerxético determinou que o concello deberá reducir as súas emisións en preto de 17.000 toneladas de CO2 para 2030.
Para a elaboración do PACES, o concello contou coa subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER GALICIA 2014-2020) – DOG 27, 10/02/2021.
