Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Plan Local de Xestión de Residuos

O antigo Concello de Cerdedo conta cun Plan Local de Xestión de Residuos co obxectivo de fomentar como primeira medida de xestión a prevención e redución de xeración de residuos no termo do concello e aumentar os índices de reciclaxe en consonancia cos obxectivos da Estratexia Europea 2020. Nos próximos anos, elaborarase un novo plan conxunto para Cerdedo-Cotobade.

  • OBXETIVOS
  • LÍNEAS ESTRATÉXICAS

  • Descentralizar a xestión dos residuos e reducir en orixe o volume de residuos.
  • Fomentar a participación dos cidadáns nun modelo de xestión dos residuos sustentable.
  • Promover a recollida selectiva en orixe, para fomentar a reciclaxe e a reutilización.
  • Tratar en orixe a fracción orgánica dos residuos. Divulgar e demostrar que a compostaxe é unha solución viable para os residuos orgánicos domésticos.
  • Reducir custos de xestión (económicos e ambientais).

  • Plan de fomento da recollida selectiva: maior dotación e acceso a colectores de reciclaxe.
  • Plan de autoxestión por compostaxe: xestión en orixe da fracción orgánica.
  • Plan de comunicación e educación ambiental: comunicación, información e participación proactiva.