Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Recollida Voluminosos e RAEES

O Concello de Cerdedo-Cotobade pon á súa disposición un servizo de recollida de mobles, electrodomésticos e outros aveños inservibles.

O Concello está traballando na fusión dos servizos municipais en todo o territorio. Na busca de equidade no acceso ao servizo, se está traballando en deseñar un servizo de recollida de residuos a domicilio que sexa eficiente e atenda a todos os núcleos de poboación de Cerdedo-Cotobade.

Ata nova comunicación, cada territorio, Cerdedo e Cotobade, funcionarán cos servizos de recollida a domicilio que tiñan implantados por separado e serán de aplicación as normativas vixentes en cada territorio ata a unificación das mesmas.

NOTA: A instalación do Punto Limpo xa está dispoñible para a recepción de residuos de todos os cidadáns de Cerdedo-Cotobade. A entrega será gratuita no horario de apertura da instalación.

Teléfonos para solicitar a recollida a domicilio:

  • COTOBADE:  986.76.0.01
  • CERDEDO: 986.75.30.06

O servizo de recollida en Cerdedo, por razóns de operatividade, a recollida de residuos a domicilio ten un límite de entrega.

Consulta aqui LIMITE POR VIVENDA DE RECOLLIDA DE RESIDUOS A DOMICILIO

¿Qué voluminosos se recollen?

  • Mobles (madeira/ plástico) (Listado)
  • Colchóns
  • Sofás e cadeiras de brazos
  • Voluminosos: Alfombras, persianas, maletas, etc.
  • Restos metálicos: somieres, tixolas, antenas, bicicletas, tendedero, etc (Listado)
  • Residuos perigosos: envases de pinturas, disolventes e vernices. Baterías.

Plásticos de grandes dimensións

  • PLÁSTICOS AGRÍCOLAS: Sacos e plásticos de silo. Plásticos de invernadoiro. (Listado)
  • OUTROS PLÁSTICOS: mangueiras, lonas, xoguetes de plástico, caixas de plástico, botellas de plástico de grandes dimensións, embalaxes. (Listado)

Os residuos de obra menores (ata 1m3) deberán ser entregados polo propietario no Punto Limpo.

Aparatos electrónicos e eléctricos (RAEEs)

Todos aqueles aparellos que funcionan con pilas, baterías ou electricidade. Os identificarás polo símbolo:

  • GRANDES ELECTRODOMÉSTICOS: Frigoríficos, conxeladores, lavadoras, secadoras, lavalouzas, cociñas, fornos, microondas, aparatos refrixeradores, ventiladores eléctricos, radiadores eléctricos, aparatos de aire acondicionado.

  • LÁMPADAS E FLUORESCENTES DE BAIXO CONSUMO: O Concello pon á súa disposición colectores de recollida de lámpadas e fluorescentes de baixo consumo.
  • ¿Onde os podes atopar?  Concello,  Puntos de venda, Punto Limpo…

  • PEQUENOS APARELLOS: Pantallas, televisores, marcos dixitais para fotos, monitores, ordenadores portátiles, aparellos de reprodución de son ou imaxe, equipamentos de música, ordenadores, impresoras, aspiradoras, limpamoquetas, máquinas de coser, aparellos de ventilación, fervedoiros eléctricos, reloxos, máquinas de afeitar eléctricas, básculas, aparellos para o coidado do pelo e o corpo, calculadoras, aparellos de radio, videocámaras, instrumentos musicais, xoguetes eléctricos e electrónicos, detectores de fume, reguladores de calefacción, termóstatos, pequenas ferramentas eléctricas e electrónicas, pequenos instrumentos de vixilancia e control, teléfonos móbiles e os seus cargadores e baterías, GPS.