Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

INFORMACION PÚBLICA PARQUE EOLICO RULA

Está en fase de información pública para realizar as alegacións que se consideren oportunas respecto ao trámite da solicitude de Autorización Administrativa Previa e o Estudo de Impacto Ambiental do parque eólico RULA, de 55 MW, situado no termo municipal de Cerdedo-Cotobade , e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas (Pontevedra). Código de proxecto: PEol-388.

O proxecto e o estudo de impacto ambiental poden ser examinados polas seguintes vías:

  • a través da seguinte ligazón: AQUI
  • presencialmente na área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, sita en Praza de España, s/n, 36002, Pontevedra; esta consulta presencial requirirá de cita previa, que pode solicitarse a través do teléfono 986 98 92 35, en horario de 9 h a 14 h, ou do correo electrónico a industria.pontevedra@correo.gob.es.

Saiu publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP 120 – 25 de Xuño de 2021) e tamén está exposto no taboleiro de anuncios do Concello. Publicación no BOE num 158 de data 03 de Xullo de 2021. A data límite de presentar alegacións son 30 DIAS HÁBILES, contados a partir do dia seguinte da publicación no BOE.

Nas alegacións que se presenten, é importante no oficio facer referencia ao código do proxecto, PEol-388, a fin de facilitar a súa vinculación ao expediente correcto. As alegacións que se estimen oportunas deberán ser dirixidas á Dependencia da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Poderanse presentar electronicamente a través do Rexistro Electrónico da Administración Xeral do Estado (https://rec.redsara.es) ou ben presentandoas nos rexistros do concello ou por calquera outro dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. (* as persoas e entidades xurídicas só a poden presentar por medios electrónicos).

 

Características técnicas: 

Parque Eólico: 11 aeroxeradores de 5 MW de potencia unitaria, tensión de xeración 690 V, elevada a 30 kV nos centros de transformación de cada aeroxerador, con 145 m de diámetro de rotor e unha altura de torre de 127’5 metros.

Termo municipal de Cerdedo-Cotobade (provincia de Pontevedra).

Rede subterránea de media tensión de evacuación, 30 kV: para conexión de cada un dos aeroxeradores coa subestación do parque.

Subestación elevadora de tensión “Rula” 30/132 kV: aumentará a tensión ata 132 kV, para a evacuación a esa tensión da enerxía producida polo parque eólico.

Superficie aproximada de 2.550 m2. Termo municipal de Cerdedo-Cotobade (provincia de Pontevedra).

Liña aérea de evacuación a 132 kV: desde a subestación de “ Rula” ata a subestación colectora “Coto Aguado” (30/132/220 kV, subestación en tramitación perante a administración autonómica). Simple circuíto, un condutor por fase e cable de terra, cunha lonxitude aproximada de 10.600 metros. Termos municipais de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas (provincia de Pontevedra).

 

Calquera dúbida ou información, consultar o proxecto, pódese ir presencialmente na área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, sita en Praza de España, s/n, 36002, Pontevedra; esta consulta presencial requirirá de cita previa, que pode solicitarse a través do teléfono 986 98 92 35, en horario de 9 h a 14 h, ou do correo electrónico a industria.pontevedra@correo.gob.es

ou ben no Concello, no servizo de medio ambiente, na sede de Cerdedo. Se necesita solicitar CITA PREVIA, no teléfono 986.75.30.06 ou 986.76.00.01 ou no enlace CITA PREVIA.

Compartir
28 Xuño, 2021