Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

INFORMACION PÚBLICA PARQUE EOLICO DOS COTOS

Está en fase de información pública (DOGnum 245 de 23 de Decembro de 2021) para realizar as alegacións que se consideren oportunas respecto ao trámite da solicitude de Estudo de Impacto Ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico DOS COTOS, de 30 MW, situado no termo municipal de Cerdedo-Cotobade. Código de proxecto: IN661A 2011/18-4.

O proxecto e o estudo de impacto ambiental poden ser examinados polas seguintes vías:

  • As consultas realizaranse preferiblemente por internet a través da seguinte ligazón: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalaciónsde xeración.
  • Presencialmente na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono 986.80.52.39 ou no Concello de Cerdedo-Cotobade, na sede de Cerdedo, no servizo de medio ambiente con cita previa chamando ao teléfono 986.75.30.06 ou a través da páxina web.

Dado que o proxecto foi declarado de interese autonómico polo Consello da Xunta de Galicia en data 21 de Outubro de 2021 (en base ao artigo 43 da lei 5/2017, de fomento de implantación de iniciativas empresariais) resulta tramitar de urxencia os procedementos administrativos…o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario. Por ilo, o prazo para presentar alegacións é de 15 DIAS HÁBILES, contados a partir da última publicación desta resolución (ata o 14 de Xaneiro de 2022).

MODELO DE ENCABEZAMENTO DE ESCRITO DE ALEGACIÓN Modelo_alegacións

Nas alegacións que se presenten, é importante no oficio facer referencia ao código do proxecto, IN661A 2011/18-4,  a fin de facilitar a súa vinculación ao expediente correcto. As alegacións que se estimen oportunas deberán ser dirixidas á Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, empresa e Innovación. Poderanse presentar electronicamente a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ou ben presentandoas nos rexistros do concello ou por calquera outro dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Características técnicas: 

Solicitante: Tiraventos, S.L.
Denominación do proxecto: parque eólico dos Cotos.
Concellos afectados: Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
Potencia que se vai instalar: 30 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 6 aeroxeradores modelo Vestas V150 de 5.000 kW de potencia nominal unitaria, de 125 m de altura de buxeiro e 150 m de diámetro de rotor.
Produción neta anual estimada: 120.459 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 20.888.394,55 €.

Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por tres (3) circuítos con cables RHZ1 H-16 18/30 kV 1×Al de 150 e 240 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación. A mesma gabia incluirá cablaxe de terra de Cu de 50 mm².
Subestación de transformación 30/66 kV e centro de mando e control.

As coordenadas dos aeroxeradores, subestación e área poligonal están recollidas no documento a información pública e no DOG.

Zonas afectadas polo parque eólico: Parroquias de Rebordelo, Carballedo, Borela, Aguasantas e Loureiro.

A liña de evacuación do parque tramitase de forma independiente ao parque eólico a través dunha evaluación ambiental simplificada. A modo resumo, tratáse dunha liña de alta tensión que atravesará Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Pontevedra onde evacuará en Ponte Sampaio.

No DOG está publicada como anexo a relación de bens e dereitos afectados. Pinche AQUI

Calquera dúbida ou información, pódese chamar ao 986.80.52.39 á  Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ou ir presencialmente (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado ou ben no Concello, no servizo de medio ambiente, na sede de Cerdedo. Se necesita solicitar CITA PREVIA, no teléfono 986.75.30.06 ou 986.76.00.01 ou no enlace CITA PREVIA.

Compartir
23 Decembro, 2021